A Deputación da Coruña vén de dar a coñecer un novo concurso, o I Concurso musical infantil "Quero Cantar". Entre as condicións, destaca a de non poder ter máis de doce anos a voz ou voces solistas dos proxectos a presentar. Até o 15 de abril está aberto o prazo para se inscribir no concurso, que despois de varias fases rematará cunha gala no Teatro Colón da Coruña, na que participarán 5 bandas de entre as que saírá a gañadora.

Desde a deputación coruñesa buscan, co concurso, promocionar o uso da nosa lingua a da creatividade entre os máis cativos. O concurso consta de varias fases, aquí podes ver as BASES, nas que tanto un xurado -na 1ª fase- como a votación on-line -na segunda- irán decidindo que grupos chegan á Gala Final, onde un novo xurado formado por 5 rapazas e rapaces de colexios da provincia elixirán o gañador. 

Para alén dos premios en material de música e gravación de videoclip para as propostas vencedoras, os dez primeiros clasificados terán a oportunidade de gravar o seu tema nun estudio e participar na primeira recompilación Quero Cantar, da que se fará unha tirada de 1000 CDs.

{fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.