Neste mes de abril facemos 8 anos. Confinadas coma todas e con moita gana de volver aos torreiros. Para festexar o aniversario e matar a saudade de música ao vivo, deixámosvos este mapa interactivo con 20 vídeos que pensamos que contan bastante ben o que foron estes 8 anos. Desde O Mesón do Bento até Tameiga, pasando por Vilaxoán, Chantada, Ourense, Zas ou Compostela.
Máis un ano, desde a organización do Correlingua fan un chamamento ás bandas galegas para participaren no Cantalingua. Canción orixinal en galego, valorarase que sexa feita ad hoc para o certame, e como premio actuacións remuneradas dentro da programación do Correlingua, ente o 5 e o 15 de maio. Prazo de inscrición aberto até o 1 de marzo de 2020.
A primeira edición do MUMI celebrarase en Verín do 12 ao 14 de marzo e combinará encontros profesionais con actividades abertas ao público.
As bandas e artistas poden inscribirse dende hoxe até o 11 de febreiro na web do encontro, mumimusicas.eu. Esta primeira feira profesional de música galega e portuguesa nace co obxectivo de crear unha ponte real e estable entre os profesionais dos dous países.
Ler máis: Nace MUMI, a primeira feira profesional de música entre Galiza e Portugal
A plataforma de música galega Sons de Breogán bota a andar unha campaña de micromecenado para difundir a música galega non comercial, aquela que se mantén á marxe do daniño capitalismo. O proxecto compártese a través de Verkami, onde a xente pode sumarse á iniciativa.As recompensas van dirixidas tanto ao público en xeral coma as bandas.
Ler máis: Sons de Breogán comeza crowdfunding para difundir a música galega non comercial
A sexta cerimonia de entrega dos Premios Martín Códax da Música demostrou con máis forza ca nunca que é a gran cita anual da música galega; o momento agardado para celebrar a cantidade, calidade e diversidade da nosa produción musical, pero tamén para lembrar as reivindicacións do sector. Nao no seu ano de despedida, Xoán Curiel, Tanxugueiras e o Festival de Pardiñas ou o Diario Cultural da Radio Galega, entre os proxectos premiados.
Ler máis: Coñece os proxectos premiados nos Martín Códax 2019
Cales son os grupos galegos que máis soan? A pregunta é complicada de respostar pois hoxe en día existen moitísimos xeitos de acceder á música dunha banda. En GZmúsica decidimos tirarnos á piscina e escollemos as dúas plataformas máis usadas para escoitar música galega -Youtube e Spotify- e creamos unhas listas de reprodución que actualizamos mensualmente onde recollemos as cancións que máis están a soar no país. Escoita o TOP25 de GZmúsica!!
Chega a Gala Final da 3ª edição do Eclosom. O vindouro sábado, ás 22h da noite, a Gentalha do Pichel vai acolher esta final. Flow do Toxo, Kanitroters e Lagháchema são as formações que chegaram á final. O Pichel voltou convidar GZmúsica a formar parte do júri e este ano será a fotógrafa Lucía Mallo a nossa representante. Entra no artigo e escuita as 3 bandas finalistas!