Un ano máis chega o concurso Cantalingua, pensado para dar a coñecer entre o público máis novo a música que se está a facer no noso país.  Así que xa podedes participar no Cantalingua 2019, o concurso musical do Correlingua. Cantalingua é un concurso musical destinado a bandas ou solistas que desenvolven a súa actividade en galego. Poden participar grupos musicais ou solistas de calquera estilo que teñan o galego como lingua.

Coma en anos anteriores, cada grupo participante deberá enviar unha canción orixinal en lingua galega en formato MP3 a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A canción que se presente deberá ser orixinal (fican excluídas as versións) e integramente en lingua galega. Valorarase especialmente que se trate dun tema creado para a actividade.
O lema do Correlingua deste ano é “O galego é a fórmula”, e loxicamente as letras deberán ser axeitadas ao carácter pedagóxico da actividade e á idade do alumnado que vai de infantil a secundaria.

Ademais do tema en formato MP3 deberase enviar unha pequena presentación da banda ou solista e unha fotografía, e indicar un enderezo electrónico e teléfono de contacto.
Poderase participar cunha canción por cada grupo ou solista e o prazo para entregar as propostas  remata o 1 de marzo de 2019.
As cancións participantes colgaranse na páxina correlingua.gal/cantalingua/ e publicitaranse por outras canles e redes sociais para que cheguen ao maior número de persoas posíbel.

O xurado estará integrado por alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de centros participantes no Correlingua, e por membros da organización do Correlingua, e determinará os grupos ou solistas gañadores.
Os gañadores serán dados a coñecer en marzo de 2019 a través da páxina do Correlingua.

O premio do Cantalingua consiste en actuar para un público escolar dentro da programación do Correlingua entre o 2 e o 16 de maio de 2019 en horario de mañá. As actuacións repartiranse entre os tres primeiros clasificados de maneira equitativa e de acordo coa súa dispoñibilidade, cunha remuneración de 600 € brutos por actuación.

Máis por se tedes dúbidas podedes consultar en liña a información completa.



Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.