Nunha gala celebrada onte, mércores 18, nas Bodegas Martín Códax de Cambados, déronse a coñecer as propostas finalistas nas distintas categorías destes premios da música galega. Espiño, Som do Galpóm, The Lákazans, Uxía, Caxade, Chotokoeu ou Ig Mig entre os finalistas. Músicas Galegas Ilustradas, Tolemias.tv e Ábrete de Orellas, finalistas entre os medios de comunicación.

Nun ambiente festivo, coa presenza das nominadas, de moita máis xente de mundo da música e de diversas autoridades, celebrouse onte a gala de finalistas dos V Premios Martín Códax da música galega.

Os proxectos finalistas foron escollidos polas socias e socios de MÚSICOS AO VIVO mediante votación online entre un total de 449 proxectos inscritos (superando os inscritos daa anterior edición): 397 grupos, 14 salas, 22 festivais e 16 espazos de comunicación musical. Novamente, as bases non permitían presentarse aos premiados na pasada edición. Agora será un xurado, integrado por músicos e profesionais do sector, o que decidirá os proxectos premiados en cada unha das categorías. Este xurado, que tamén fará as súas escollas a través do sistema de votación online da web www.premiosmartincodaxdamusica.com, será secreto e os nomes dos seus integrantes non se farán públicos ata finalizar o proceso. Os gañadores coñeceranse o 9 de maio no transcurso da Gala de Entrega de Premios que terá lugar un ano mais no Pazo da Cultura de Pontevedra. Vai adxunto o listado dos 54 proxectos nomeados que optarán a recibir algún galardón na gala dos V Premios MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA.


FOTO: Xabicas

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.