Até o vindeiro luns está aberto o prazo para se anotar na III edición dos Premios Martín Códax da música que volven convocar desde a Asociación de Músicos ao Vivo. Este ano haberá unha nova categoría, Coros e música vocal, para alén das quince xa existentes. Ademais, os premios manteñen o galardón honorífico e os 3 premios Organistrum, á mellor sala, mellor festival e mellor Espazo de Comunicación Musical, no que GZmúsica foi finalista o ano pasado.
O Kindie Rock, rock indie para as crianzas, ten xa certa tradición no mundo anglosaxón. Froito, seica, dunha maternidade consciente, a posibilidade de non maleducar as túas fillas con horrores coma os Cantajuegos ou a enésima reedición dos pallasos da tele é unha realidade tamén no país. A nosoutras isto non nos colle desavisadas, que che temos mirado moito xabarín, pero agora a cousa é diferente. Trátase de bandas enfocadas ao público familiar coas que non che entran ganas de suicidarte cando a crianza comeza con aquilo de Pona de volta, mami.
Hoxe cúmprense 30 anos do pasamento de Pucho Boedo. Cantante, coruñés, fillo e irmán de anarquistas fusilados polos feixistas, Boedo foi a voz da terra para varias xeracións de emigrantes galegos que marcharon gañar a vida a Europa ou América. E tamén foi acougo para as persoas que aquí viviron a ditadura. Un auténtico crooner, ao estilo dos grandes cantores americanos, que sabía emocionar coma ninguén cos seus temas.
A Deputación da Coruña vén de dar a coñecer un novo concurso, o I Concurso musical infantil "Quero Cantar". Entre as condicións, destaca a de non poder ter máis de doce anos a voz ou voces solistas dos proxectos a presentar. Até o 15 de abril está aberto o prazo para se inscribir no concurso, que despois de varias fases rematará cunha gala no Teatro Colón da Coruña, na que participarán 5 bandas de entre as que saírá a gañadora.
Despois do éxito das edicións anteriores, este Nadal voltan as Noites de Luz á cidade da Coruña da man dos argallantes Chotokoeu. As Noites de Luz son un evento con músicas do mundo que chegará, nesta edición, ao Garufa Club. A banda galega FanfarriaTaquikardia e os internacionais Pan de Capazo serán os encargados de ateigar de folk internacional a noite do 5 de decembro.
Máis un ano, ponse en marcha o concurso musical do Correlingua, o Cantalingua. Os colectivos organizadores da carreira pola lingua buscan dar a coñecer entre o público máis novo a música feita en galego e tamén apoiaren estas bandas, que poderán levar un premio en metálico e terán a posibilidade de tocar ao vivo nas 12 vilas e cidades polas que pasará o Correlingua 2016.
Fernando F. Rego vén de editar con Lafonoteca.net a primeira biografía oficial de Andrés do Barro. O libro, escrito en castelán, xa está á venda na propia web e será apresentado en Ferrol, hoxe 10 de xullo, coa música ao vivo de Quant e Roger de Flor e a presenza da familia de do Barro. A obra de F. Rego abrangue a carreira artística do crooner ferrolán, desde o seu comezo na cidade departamental até o periplo mexicano e os últimos anos en España.
Ler máis: Saudade, a primeira biografía oficial de Andrés do Barro
A cantautora compostelá impúxose a outros sete finalistas na gala coa que rematou o concurso. Pilar Martínez fíxose co accésit do público á mellor canción e a propia Sofía levou o accésit á mellor artista. Agora a polifacética cantautora -con experiencia no teatro, danza contemporánea, claqué, circo, etc- terá a posibilidade de gravar un EP e de facer unha xira de presentación, para alén de ter paga a cota da Asociacíón de Músic@s ao Vivo por un ano.
Ler máis: Sofía Espiñeira gaña o II Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’