Sábado 7 de marzo, o Transylvania Pub de Vigo acolleu a Festa Presentación dos videoclips do proxecto Mulleres Galegas Kañeras. Despois de case un ano de traballo, máis de 30 mulleres participaron neste proxecto que busca visibilizalas dentro do rock, ámbito -como a inmensa maioría da nosa sociedade- fondamente masculinizado. Tras acadar os fondos precisos mediante un Verkami o pasado verán, metéronse no estudio para gravar temas e vídeos. Aquí podedes ver os dous videoclips realizados.

Hai case un ano botou a andar o proxecto Mulleres Galegas Kañeras. Foi por volta de maio de 2014 cando Patty Castro contactou con máis de 30 mulleres galegas -músicas e kañeras- que decidiron colaborar con MGK. A idea era darlles publicidade e visibilidade ás moitas e moi boas artistas que hai no país, pouco recoñecidas nun ámbito musical tan masculinizado como é o rock. Finalmente, no Transylvania Pub de Vigo, o sábado 7 de marzo, presentáronse os dous videoclips realizados, "Somos" e "MGK". Todo grazas ao traballo de máis de 30 persoas e case 100 micromecenas que apoiaron o seu Verkami e conseguiron que o proxecto se convertise en realidade. 

Como din as MGK no seu Facebook, "A muller como persoa libre e autónoma ten que percorrer un camiño diferente ao do home, pero con propostas como esta pretendemos que sexa un camiño menos duro. Tanta solidariedade e amizade, tanto bos pensamentos e accións perseguen a igualdade e o avance da sociedade, coa música e o audiovisual como partes fundamentais".

Aquí tedes os dous vídeos realizados:

{fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.