O 11 de febreiro ábrese un novo ciclo no Teatro Jofre: CINECONCERTOS, tres proxeccións de clásicos do cine silente con música interpretada en directo polos seus propios compositores. Ese día unha formación musical histórica, Pegasus, interpretará a banda sonora que compuxeron para "Berlín, sinfonía dunha gran cidade" (Walter Ruttman, 1927). Os seguintes concertos serán os de Jordi Sabatés (coa peli "Sherlock Jr., de Buster Keaton, 1924) e Caspervek Trio (coa proxección de "The kid", de Charles Chaplin, 1921).


11 de febreiro, 11 de marzo e 28 de abril. Eis as datas desta interesante proposta que unirá cinema e música ao vivo en Ferrol, con entradas xa á venda. desde os 8 €. Estas son as fichas técnicas dos tres cineconcertos do ciclo.

PEGASUS: BERLÍN, SINFONÍA DUNHA GRAN CIDADE (Walter Ruttman, 1927)

11 de febrero 2017.  Ferrol. Teatro Jofre. Apertura portas: 20:30h. Inicio: 21:00h. Entradas a venda en www.ataquilla.com e billeteira do Teatro Jofre.


Pegasus é una reunión de virtuosos do jazz-rock e o rock progresivo, catro músicos moi experimentados que teñen actuado, entre moitos outros lugares no Carnegie Hall, de Nova York. En plena celebración dos seus 30 anos de historia, en 2011, recuperaron e puxeron ao día unha vella e estimulante aventura: a proxección da película alemana: Berlín, sinfonía dunha gran cidade, de Walter Ruttmann, para a que eles crearon una estimulante banda sonora que interpretan en directo.

Pegasus é una reunión de virtuosos do jazz-rock e o rock progresivo que obtuvo unha notable popularidade hai anos con composicións instrumentais con liñas melódicas diáfanas e sentido da experimentación. O grupo naceu en 1981 da unión de catro músicos moi experimentados: Santi Arisa, Rafael Escoté, Josep Mas Kitflus e Max Sunyer. O grupo fixo numerosas xiras internacionais e, entre outros lugares, actuou no Montreaux Jazz Festival e no Carnegie Hall, de Nova York.  O grupo volveu aos escenarios en 2007, tras uns anos separados, e entre outras propostas replantexaron técnica e artísticamente esta banda sonora en directo, que presentaran orixinariamente en 1986 por encarga dos directores da Setmana Internacional de Cinema de Barcelona. O film Berlin, sinfonía de una gran ciudad describe un día no Berlín de 1927 a través dunha sucesión de imaxes da vida cotidiana rodadas de xeito innovador e moderno para aqueles anos.

Ficha técnica da película:

Título orixinario: Berlin - Die Symphonie der Großstadt

Ano: 1927

Duración: 62 min.

País: Alemaña

Director: Walter Ruttmann

Guión: Karl Freund, Carl Mayer

Fotografía: Robert Baberske, Karl Freund, Reimar Kuntze, László Schäffer (B&W)

Reparto: Documentary

Produtora: Deutsche Vereins-Film

Xénero: DocumentalExpresionismo alemán

Sinopsis: Inspirado no documental soviético "Kino-Nedelia" (1918) de Dziga Vertov, Ruttmann realizou en 1927, contando cos mellores fotógrafos alemáns da época, un documental baseado na vida, durante un día, da cidade de Berlín.



JORDI SABATÉS (piano). SHERLOCK JUNIOR (de Buster Keaton, 1924)

11 demarzo 2017. Ferrol. Teatro Jofre. Apertura portas: 20:30h. Inicio: 21:00h. Entradas a venda en www.ataquilla.com e billeteira do Teatro Jofre.



O pianista e compositor Jordi Sabatés interpreta en directo a banda  musical que creou para a película “Sherlock Jr.” (1924) de Buster  Keaton, título que se coñeceu en España como “O moderno Sherlock Holmes”,  unha das xoias pouco coñecidas da filmografía do actor e  director norteamericano e un dos cumes do cinema silente. Película de culto entre os surrealistas, é un fascinante xogo de espellos onde  por primeira vez móstrase a maxia  do cine dentro do cine. Sabatés ofrécenos unha simbiosis perfecta de cine  e música.

Jordi Sabatés (Barcelona 1948) é un dos músicos máis polifacéticos e iconoclastas que deu a escena musical española cunha carreira de máis de corenta anos ás súas costas. Sabatés combinou ao longo da súa carreira propostas musicais de todos os tipos de xéneros e estilos, do jazz ao rock pasando pola canción, o lied, cancións sobre textos dos trovadores provenzales, a música de cámara e a sinfónica, cun grado de calidade e excelencia que o fixo valedor dun crédito internacional que moitas veces non tivo a resonancia desexada portas adentro.
Ten feito dúos cun Tete Montoliu e Chick Corea, creou músicas creadas para clásicos do cinema silente como o “ Sherlock Jr.” de Keaton que presentará en Ferrol  e espectáculos nos que conviven maxia, cine e música. Jordi Sabatés é  un creador único e excepcional.

Ficha técnica da película:

Título original: Sherlock Jr.

Ano: 1924

Duración: 45 min.

País: Estados Unidos

Director: Buster Keaton

Guión: Clyde Bruckman, Jean Havez, Joseph Mitchell

Fotografía: Elgin Lessley, Byron Houck (B&W)

Reparto: Buster KeatonKathryn McGuireJoe KeatonWard CraneErwin ConnellyJane Connelly

Productora: Buster Keaton Productions

Xénero: Comedia

Sinopsis: Película sobre o mundo do cine, Keaton é un proyeccionista que soña con ser un detective cando, milagrosamente, atópase dentro da película que está proxectando. Alí intentará salvar á súa amada das garras do villano. Unha das máis aclamadas cintas de cine mudo chea de gags visuales e cun portentoso Buster Keaton.



CASPERVEK TRIO. THE KID (Charles Chaplin)

28 de abril 2017. Ferrol. Teatro Jofre. Apertura portas: 20:30h. Inicio: 21:00h. Entradas a venda en www.ataquilla.com e billeteira do Teatro Jofre.


Caspervek Trio é unha agrupación instrumental formada en Vigo en 2013 que trata de achegar a música a distintas disciplinas artísticas, conxugando elementos visuais e sonorosCaspervek se ten consolidado como unha das bandas punteiras na composición e musicalización de películas do legado silente. A formación clásica dos compoñentes do grupo e a utilización de recursos do jazz, o minimalismo, a música electrónica ou o folk, conforman a paisaxe sonora deste trío.


A primeira longametraxe de Chaplin como director, “The Kid” é unha comedia dramática sobre un neno abandonado e un vagabundo que se fan amigos nas rúas dunha cidade norteamericana; unha intelixente combinación de elementos dramáticos e cómicos. A película converteu a Jackie Coogan (o neno), por aquel entón un artista de vodevil, na maior estrela infantil da época. Moitos biógrafos de Chaplin atribuíron a especial relación dos personaxes na cinta co feito de que Chaplin perdese a un fillo moi pequeno pouco antes de comezar a rodaxe. Así mesmo, o retrato de pobreza e a crueldade dos traballadores sociais son reminiscencias directas da infancia de Chaplin en Londres. Caspervek estudou tanto a música orixinal como a nova partitura de Chaplin para a reedición de 1971 para crear unha nova aproximación á película que combina varios xéneros do jazz e a música lixeira coa tradición Romántica.

Ficha técnica da película:

Título orixinario: The Kid

Ano: 1921

Duración: 68 min.

País: Estados Unidos

Director: Charles Chaplin

Guión: Charles Chaplin

Fotografía: Rollie Totheroh (B&W)

Reparto: Charles ChaplinJackie CooganEdna PurvianceCarl MillerTom WilsonHenry BergmanLita Grey

Produtora: Charles Chaplin Productions / First National Picture

Xénero: ComediaDrama

Sinopse: Unha muller de escasos recursos (Edna Purviance), ten un fillo de solteira, e ao sentirse abandoada polo pai do neno decide tamén ela abandoar ao bebé coa esperanza de que unha familia rica o tome en adopción. Pero o pequeno rematará nas mans dun vagabundo (Charles Chaplin)... será toda unha aventura.

{fcomments}

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.