
O artista saca o seu segundo LP, que vén de presentar na súa vila, Bueu. A xira de presentación ten polo de agora datas confirmadas en febreiro do 2027 en Madrid e Barcelona. Meu onde estás? é un traballo que mostra a evolución do de Bueu e inclúe o exitoso adiainto 'Milajros de Amil'.
Meu onde estás? é un álbum de 15 cancións que xira arredor da vivenza persoal do propio artista, construíndo unha viaxe dende os comezos da súa carreira musical ata o momento no que ve que se materializan os seus soños. Durante ese percorrido, e ao longo das cancións que compoñen este LP, pódense experimentar os sentimentos que acompañan a Silee nesta andaina, dende ese sentimento de estar perdido e comezar a loitar por acadar as súas metas ata o medo a ir tan rápido e non saber que virá despois, pasando por distintos estados de ánimo que xeran unha sensación de altibaixos que representan o que foi esta última etapa do bueuense.
Milajros de Amil, o tema que nos deu a coñecer o Silee...
O tema destacado de Meu onde estás? é Muito medo!, unha cumbia que xira arredor desa fase inicial da carreira de Silee, onde, unha vez atopado o seu propósito e fixado o seu soño, comeza a dar os primeiros pasos cara adiante, afianzando esas ganas de loitar polo que quere. A cumbia é un dos diferentes xéneros que podemos atopar neste disco, xa que é un traballo que se cimenta na mestura deses xéneros que se engloban dentro da música urbana, buscando acompañar a ese sentiemto de atibaixos que marca este novo traballo. A propia cumbia, bachata, trap, reggaetón, funk ou electropop son algúns dos estilos musicais que se poden atopar entre as 15 cancións que conforman o álbum.
...e Fodechinchos, o que nos namorou hai dúas semanas
Este lanzamento vén acompañado dunha xira de presentación deste novo traballo na que xa hai anunciadas xa as primeiras actuacións fóra de Galicia do artista para 2027, baixo o nome de Meu onde estás? Tour. Despois da estrea na casa o sábado 7 de novembro cun concerto especial de presentación polo San Martiño. A maiores, as primeiras datas do seu tour levarán ao artista a facer as maletas, con actuacións na sala LAUT de Barcelona o 18 de febreiro e na Sala Maravillas de Madrid o 19 de febreiro.
Foto: Varo Martínez