O Episodio 7 de GZmúsica TV emitiuse o venres 26 de abril ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Neste episodio falouse do novo traballo de Linho do Cuco, entrevistamos a Ludovaina e enterámonos un pouquiño do que é o Minho Reggae Splash Festival. Ollamos tamén un vídeo dos Diplomáticos de Monte Alto no Castañazo 2012, por cortesía de Dubideos.
O Episodio Especial Festa 1º Aniversario de GZmúsica.com emitiuse o venres 19 de abril ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Neste episodio, podes ver os concertos íntegros que Zënzar e O Sonoro Maxín deron no Salasón de Cangas o día 13 de abril co gallo da Festa 1º Aniversario desta web. Ademais, as entrevistas que as dúas bandas nos concederon ao remataren as súas respectivas actuacións.
O Episodio Especial FAP 2012 de GZmúsica TV emitiuse o venres 12 de abril ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Neste episodio, fixemos un percorrido polos concertos do Festival AntrosPinos 2012. Ao longo de 2 días, bandas coma Os Cempés, Bastards on Parade ou Quempallou, e outras foráneas coma Bohemian Betyars ou Kumpania Algazarra pasaron polo escenario. Aquí tedes un resumo cunha hora de música e entrevistas ás bandas.
O Episodio Especial Barco da Chuvia de GZmúsica TV emitiuse o venres 05 de abril ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Neste episodio, embarcamos abordo do Barco da Chuvia para asistir á presentación do último traballo da Compañía do Ruído, Pensares Galegos. Alén de falar, -e bailar-, con eles, tamén tivemos tempo de entrevistar O Leo e de botarlle unha peciña co Cé Orquestra Pantasma.
O Episodio 3 de GZmúsica TV emitiuse o venres 29 de marzo ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Neste episodio falouse da folkoteca galega, ollamos como foi o concerto de presentación do Tributo aos Zënzar e entrevistamos a dúas integrantes de Sacha na Horta. Ollamos tamén un vídeo d@s propi@s Sacha na Horta, Busco amante galego-falante e outro dos Ruxe Ruxe, Rock do país.
O Episodio 2 de GZmúsica TV emitiuse o venres 22 de marzo ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Neste episodio falouse da Caravana de Emerxencias, con entrevista a parte dos Chotokoeu e Skarnivals, tratamos o novo disco dos Heredeiros da Crus e do Festival Reperkusión 2013. Ollamos tamén un vídeo dos Guezos e outro de Medomedá e Deví.
O Ven e baila! celebrará a súa terceira edición o domingo 29 de novembro, ás 13:00 horas, cunha gran convocatoria colectiva que convida a todo o público a participar, saiba ou non bailar. A...
O evento celebrarase este domingo 22 de novembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela ás 18:30h. Uxía, Mar, Andrea Nunes Brións, Ana Gago e Xico de Cariño recollerán os galardóns...
O artista saca o seu segundo LP, que vén de presentar na súa vila, Bueu. A xira de presentación ten polo de agora datas confirmadas en febreiro do 2027 en Madrid e Barcelona. Meu onde estás? é un...
A banda muradá anuncia as seis primeiras datas da súa xira de salas, coa que visitarán Zaragoza, Bilbao, Xixón, Granada, Málaga e Sevilla. Os rapantes repetirán nos ciclos Inverfest e Negufest e...
O festival de música galega en Bruxelas, que se celebra os días 5 e 6 de marzo de 2027, pecha o cartel con tres novas confirmacións máis unha foliada da man da Asociación Cultural Galega A Roda,...
Na xornada do venres 9 de xullo, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira acolleu no Escenario Estrella Galicia a gran final do seu emblemático Concurso Runas. Nesta edición, o...
O artista viveirense publicou o pasado 10 de xuño o seu novo EP, 6 a.m.ORES, un traballo composto por seis cancións no que experimenta con ritmos novidosos no seu repertorio, afastándose...
A banda liderada por José Carballido vén de presentar hai menos dun mes o seu segundo traballo. Muiñeiras metaleiras mais tamén electrónica, rock e até unha orquestra clásica. O novo disco d'A...
PALCO é o novo escaparate sectorial da música impulsada desde Galicia, que terá lugar do 3 ao 5 de novembro de 2026 en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura e noutras salas e espazos de...
SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante...
Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha...
O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e...