Enxeito sacou á luz este 2 de xullo o seu novo traballo titulado Superfunk. Os de Bueu estrean o seu primeiro disco como banda ao completo. Composto de oito temas propios, o disco xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais. O grupo mostra ás claras cales son as súas preferencias musicais nun traballo baseado no funk pero no que hai espazo para unha ampla diversidade de estilos e melodías. Podes escoitar o traballo neste artigo.

O grupo de Bueu lanza o seu primeiro traballo como banda ao completo. Óscar, Montse, Adri, Marcos e David son os integrantes de Enxeito e consolidan a formación neste disco composto por 8 temas orixinais.

A música de Enxeito encádrase no xénero funk, engadindo dende un primeiro momento as letras e os flows do rap e mesturandoo con melodías do soul e pequenas influencias do rock ou do blues buscando un son orixinal.

Muzak Sound e Mesturasóns Producións están detrás da produción, gravación e mestura do disco, e Santiago Bará é o encargado do apartado gráfico. Enxeito presentará o disco este verán con varios concertos, algúns xa confirmados como o 17 de xullo no Chiringuito de Masso (Cangas) ou o 25 de xullo en O Pirata (Vigo).

Os temas Brétema e Enxeitotal, cos que a banda galega chega a final do EDP LIVE BANDS España 2020 , son parte deste disco que estará dispoñible en formato físico nas vindeiras semanas e que xa podes escoitar na nosa web.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.