O polifacético Breogán Xague vén de publicar Xague 1, a súa estrea discográfica e a primeira parte dunha triloxía que promete adentrarse na experimentación máis extrema. Sampleos que beben do imaxinario popular e rimas que derruban tópicos nun traballo que, coma a propia triloxía, fala da emigración, do que volve á súa terra sabendo que vai volver marchar.
A Banda da Loba publica o seu cuarto traballo a vindeira sexta feira, 29 de abril. O disco intitúlase Xabón Lagarta e xa coñecemos 2 adiantos, 'Pepa' e 'Tribo'. As da Loba presentarán o xoves 28 de abril o videoclip do terceiro adianto, como pistoletazo de saída á publicación do traballo.
Ler máis: Xabón Lagarta. O cuarto disco da Banda da Loba na rúa o 29 de abril
A banda de Noia consolida a fusión como sinal de identidade propoñendo 12 temas que mesturan o folk-rock cos ritmos latinos e a tradición galega. Vacacións en Ornanda evoca a Galiza turistificada dos anos 90 e toma como referencia estética o desaparecido Hostal Azteca de Porto do Son. Desde o 8 de abril o disco pode escoitarse en todas as plataformas dixitais e está dispoñible a pre-venda en formato CD e vinilo.
O venres 25 de marzo estreouse o novo traballo discográfico de BERTO, que -despois de ser adiado por enfermidade dun membro da banda o 31 de marzo- será finalmente presentando o vindero 8 de abril na Sala Capitol en Santiago de Compostela.
Ler máis: Berto estrea novo EP, que presenta o 8 de abril na Capitol
A Guarda en xullo, Redondela e Forcarei en Agosto. Eis as primeiras datas desveladas polos Heredeiros da Crus na presentación da súa xira 30º aniversario. As 3 vilas recibirán a banda do Barbanza grazas ao programa Musigal da Deputación de Pontevedra.
Ler máis: Heredeiros presentan as primeiras datas da súa xira 30º aniversario
SÉS acaparou a atención dos principais medios de comunicación de Arxentina e Uruguai, na xira de presentación do seu traballo ‘Liberar as Arterias’, por escenarios de Buenos Aires, Córdoba, Rosario e Montevideo, onde o público gozou e cantou os seus temas de sempre e as novas composicións.