A Banda da Loba publica o seu cuarto traballo a vindeira sexta feira, 29 de abril. O disco intitúlase Xabón Lagarta e xa coñecemos 2 adiantos, 'Pepa' e 'Tribo'. As da Loba presentarán o xoves 28 de abril o videoclip do terceiro adianto, como pistoletazo de saída á publicación do traballo.

 O vindeiro venres, 29 de abril, A banda da Loba publicará o seu cuarto traballo discográfico: Xabón Lagarta. Estará dispoñible desde as 00 h en todas as plataformas dixitais. O disco está inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros. Como di a propia Banda da Loba: O pasado e o presente. As experiencias e as conquistas herdadas. O berro confiado porque antes outras berraron por nós. A busca do noso lugar nesta gran espiral que é a vida. Tirando do fío para traelo á actualidade desde un punto de vista moderno e contemporáneo.

Pepa foi o segundo adianto do novo disco

XIRA DE PRESENTACIÓN

A banda comezará unha xira de presentación no mes de maio, que as levará a Nigrán, As Pontes e Compostela. En xuño visitarán Vigo, onde actuarán dentro da programación do Terraceo, e algún outro lugar. En canto aos meses fortes do verán, preséntanse completiños, formando parte dos carteis de varios festivais galegos que aínda están por anunciar.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.