A banda da Estrada pecha este sábado 7 de decembro 14 anos de camiño polo rego do rock e o metal en galego. Jasper, Gus, Amós e Torroncho subirán por derradeira vez xuntos a un escenario en Amio, nun concerto con numerosos convidados e tres bandas abrindo unha noite que vai ser histórica. SondaRúa, Rebeliom do Inframundo e Odolaren Mintzoa quecerán o ambiente do Recinto Feiral para dar paso despois ás máis de 3 horas de concerto nas que os Nao repasarán a súa discografía.
A banda lucense escolle a fórmula do micromecenado para o seu terceiro disco, que verá a luz na primavera do vindeiro ano. Despois de III e II chega, non quedaba outra, I. Primeiro traballo en cuarteto tras a entrada de Miguel Duarte na banda. En apenas 4 días xa están por volta do 40% do seu obxectivo que culminará coa presentación oficial de I o 24 de abril de 2020 na Sala Malatesta de Compostela.
Ler máis: Arrythmia escolle o Verkami para I, o seu terceiro disco
A xira comeza hoxe en Montevideo e visitará Bos Aires, onde fará dobrete despois de esgotar as entradas do primeiro concerto, Lago Puelo, Bariloche e Córdoba. O músico tamén impartirá aulas maxistrais e obradoiros para diferentes colectividades galegas tanto na Arxentina como no Uruguai. O autor de “The Tambourine Man” xirará acompañado dos irmáns Álvarez, os músicos cos que comparte proxecto xunto coas Adufeiras de Salitre.
Ler máis: Xabier Díaz inicia xira pola Arxentina e o Uruguai e anuncia novo disco para marzo de 2020
Hai uns anos que o metal galego quedou coxo co parón dos Machina. O tempo pasaba e unha paraxe motivada polas diferentes circunstancias vitais dos seus compoñentes alongábase até facer temer que o que era temporal acabase por ser definitivo. Porén, en apenas unha semana os de Cerceda apresentan unha arroiada de boas novas, comezando pola súa volta. Estabamos a escribir unha nova sobre o seu novo disco e o "Machina Desenchufados e Amighos", un proxecto en acústico co que quixeron festexar o seu regreso á actividade, cando limos o seu nome -xunto a Acidproyect, Aphonnic, Golpe Radikal ou Skontra- nas novas confirmacións do Resurrection Fest 2020. Xa aproveitamos e contámosvolo todo polo miudo... disque volven os Machina.
Ler máis: Novos vídeos, EP para o 2020 e confirmados no Resu. Disque volven os Machina
The Homens -este sábado en Monfero- e Marful -o 30 de novembro en Pontevedra- anuncian novos concertos. E non é que esteamos de volta nos violentos anos 10, senón que encaramos un outono interesante co retorno destes dous grandes nomes da música do país que por un motivo ou outro deixaran os escenarios. Contámosvolo polo miúdo.
A Cidade da Cultura de Galicia festexará o Día Internacional da Música, que se celebra o 21 de xuño, cun concerto da banda galega Os Resentidos, na Praza Central do Gaiás, nunha actuación de entrada libre e de balde. A icónica banda repasará os seus 30 ano de carreira e tamén tocará algún dos temas de nova composición.
Ler máis: Os Resentidos no Gaiás para festexar o Día da Música