A xira comeza hoxe en Montevideo e visitará Bos Aires, onde fará dobrete despois de esgotar as entradas do primeiro concerto, Lago Puelo, Bariloche e Córdoba. O músico tamén impartirá aulas maxistrais e obradoiros para diferentes colectividades galegas tanto na Arxentina como no Uruguai. O autor de “The Tambourine Man” xirará acompañado dos irmáns Álvarez, os músicos cos que comparte proxecto xunto coas Adufeiras de Salitre.


A xira empezará o día 26 de novembro na Sala Balzo do Auditorio Nacional de Uruguay e continúa con dous concertos na Sala Torquato Tasso de Bos Aires onde xá están esgotadas as entradas do primeiro día. Xabier Díaz impartirá tamén algúns obradoiros e aulas maestras para percusionistas do sul do continente e mozos e mozas das multiples colectividades galegas.

Ademais, o artista coruñés desvela o nome do seu novo disco que se estreará en Galicia en marzo de 2020. “As Catedrais Silenciadas”, xunto ás Adufeiras de Salitre, será o título escollido para o álbum, unha reflexión sobre a perda de identidade que implica a alarmante despoboación do rural galego.


DATAS    CIDADE                                 SALA                                                

26.11 MONTEVIDEO Concerto Sala Balzo Auditorio Nacional                                   ANTICIPADAS: Tickantel   

27.11 BOS AIRES    Concerto Centro Cultural Torquato Tasso                                ESGOTADO!!!  

28.11 BOS AIRES Concerto Centro Cultural Torquato Tasso                                   ANTICIPADAS: Tickethoy  

29.11 LAGO PUELO Concerto Espacio Cultural Lago Puelo                                      ANTICIPADAS: Alpogo  

01.12 BARILOCHE    Concerto Camping Musical Bariloche                      INSCRICIÓNS: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  

03.12 BOS AIRES   Convidado de Santiago Vázquez. Sala Siranush    

04.12 BOS AIRES  Obradoiro + Showcase Centro Arzuano Mellidense        INSCRICIÓNS: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

05.12 ROSARIO   Obradoiro + Showcase Centro Gallego de Rosario                 INSCRICIÓNS: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

07.12 CÓRDOBA   Concerto. Aleph Espacio Cultural                                               ANTICIPADAS: Alpogo

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.