
A cantante de Ourol segue embarcada nunha xira por salas que xa a levou a Vigo, Santiago ou Lugo. A finais deste mesmo ano Sabela presentará o seu novo EP, no que 'Hi, My Love' e 'Eu Espero Aquí', publicados en maio e setembro deste 2024, son xa os seus dous primeiros sinxelos. O pub Gatos de Melide, o vindeiro 9 de novembro, será a seguinte parada dunha tourné que a levará tamén ao Auriense, á Arca da Noe, á Pousada da Galiza Imaxinaria e mais ao Garufa.
Ler máis: Sabela continúa xira por salas galegas neste outono
O cuarteto tradicional Mediarea tocou nas festas do Cristo de Cangas, a súa vila, na fin deste verán de 2024. Aproveitaron a ocasión para gravar o concerto e presentar agora este resumo que dá mostra da calidade desta nova formación do tradi do país. Troula e fermosura a partes iguais nun dos mellores directos da música tradicional galega hoxe en día.

A máquina do hip hop segue a producir polas terras do Condado e un bo exemplo é o novo tema de Hugo GZ, 'Espertar' sexto adianto xa do que será a súa estrea en solitario. O novo disco será presentado no mes de decembro na Rebullón de Tameiga, para despois continuar minixira pola Coruña, Mardi Gras, e Compostela, Sala Sónar, no mesmo mes.
Ler máis: Hugo Guezeta reafirma a súa calidade como letrista en Espertar

O colectivo creativo multidisciplinar resaca emocional publicou o pasado venres, 4 de outubro, o seu novo sinxelo, Mario Crush. O tema é o segundo avance musical que se dá a coñecer do que será o seu álbum debut, que verá a luz nos primeiros meses de 2025. O sinxelo acompáñase, ademais, dun videoclip dirixido por Ash Diz, artista que forma parte do colectivo, e no que participan as bailarinas Noelia Mato e Diana Montserrat.
Ler máis: Mario Crush, o segundo avance do álbum debut do colectivo resaca emocional

A artista, gañadora do Premio Martín Códax 2024 na categoría Músicas do Mundo e Mestizaxe, amplía o seu universo sonoro cun canto de liberación O novo sinxelo, no que mestura tradición, ritmos ancestrais e electrónica, estará dispoñible nas principais plataformas dixitais desde as 00.00 horas deste 24 de outubro.
Ler máis: Catuxa Salom lanza ‘Ela cando baila’, o cuarto avance do seu álbum debut
