A cantante de Ourol segue embarcada nunha xira por salas que xa a levou a Vigo, Santiago ou Lugo. A finais deste mesmo ano Sabela presentará o seu novo EP, no que 'Hi, My Love' e 'Eu Espero Aquí', publicados en maio e setembro deste 2024, son xa os seus dous primeiros sinxelos. O pub Gatos de Melide, o vindeiro 9 de novembro, será a seguinte parada dunha tourné que a levará tamén ao Auriense, á Arca da Noe, á Pousada da Galiza Imaxinaria e mais ao Garufa.

O pub Gatos de Melide será a vindeira parada, sábado 9 de novembro. Despois, a de Ourol visitará a sala Auriense e A Arca da Noe na derradeira fin de semana de novembro, 30 de novembro en Ourense e 1 de decembro en Vilar de Santos, para retomar despois os concertos en febreiro do vindeiro ano, con actuación en Boiro o día 1 de febreiro e na Coruña o 8 dese mesmo mes, na Pousada e no Garufa respectivamente.

A artista galega soubo madurar o seu proxecto para levalo a unha nova etapa da súa carreira, e a pesar de contar cun estilo xa propio e identificable, aposta forte por un son máis internacional mantendo elementos tradicionais galegos, fortalecendo así as súas raíces. 'Eu espero aquí' continúa a liña marcada en  temas como 'Hi, My Love', 'Cenizas', 'Ya no me quiero ir' ou 'Cidade Desexo', que veñen de obter grandes números de escoitas nas súas cancións.


Este éxito afianzou unha carreira que conseguiu encandear ao público nos seus directos e de lograr colaboracións con grandes artistas como Andrés Suárez, Baiuca, Xoel López, Tanxugueiras, Luisa Sobral ou Diogo Piçarra, así como de alzarse tamén con premios como o Premio aRi[t]mar 2020 á Mellor Canción en Galiza por 'Despedida'.

AO VIVO