‘Voltei caer na merda’ é a primeira aproximación ao universo de Montedapena; un tema no que Héctor Rodriguez consegue reflectir o vaivén emocional constante que supón vivir nestes tempos. Trátase do o primeiro single do disco co que debutará a comezos do próximo 2025, baixo o selo de Ernie Records. O proxecto preséntase o 14 de novembro en Vigo.

Montedapena é o proxecto artístico máis persoal de Héctor Rodríguez, quen tamén é membro de Lontreira. O cantante e produtor moañés apresenta unha proposta musical que promete ser ecléctica, nela conflúen desde os sons pop das últimas décadas á música electrónica, e que polo que apunta nesta estrea vai estar inzada de bo gusto e grandes cancións.

‘Voltei Caer na Merda’ lembra ao SynthPop dos 80’s e 90’s, pero cun son actualizado. A letra recolle e reflicte o sentir de toda unha xeración; é esa montaña rusa de emocións que resulta ás veces a vida.

Montedapena convida a sumarse ao movemento con ritmos bailables e letras traballadas. ‘Voltei Caer na Merda’ é só o primeiro adianto dun debut realmente prometedor que contará con cancións interpretadas en galego, castelán e catalán, algo que serve para exemplificar o que abarca o artista. ‘

Voltei Caer na Merda’ preséntase cun videoclip codirixido polo propio Héctor Rodriguez e Raquel Diz; esta última tamén a cargo dunha gravación rodada nos icónicos locais vigueses Iguana Club e Churruca 20.

Tamén será posible descubrir o proxecto moi pronto en directo, pois Montedapena presentarase ante o público en concerto o vindeiro xoves 14 de novembro en Vigo. A primeira cita co universo de Héctor Rodríguez será no Island Club; Montedapena abrirá, co seu show, o concerto de Carlos Ares enmarcado nos Directos Vibra Mahou 2024.

 

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.