Grupos

O venres 25 de marzo estreouse o novo traballo discográfico de BERTO, que -despois de ser adiado por enfermidade dun membro da banda o 31 de marzo- será finalmente presentando o vindero 8 de abril na Sala Capitol en Santiago de Compostela.

A Guarda en xullo, Redondela e Forcarei en Agosto. Eis as primeiras datas desveladas polos Heredeiros da Crus na presentación da súa xira 30º aniversario. As 3 vilas recibirán a banda do Barbanza grazas ao programa Musigal da Deputación de Pontevedra.

SÉS acaparou a atención dos principais medios de comunicación de Arxentina e Uruguai, na xira de presentación do seu traballo ‘Liberar as Arterias’, por escenarios de Buenos Aires, Córdoba, Rosario e Montevideo, onde o público gozou e cantou os seus temas de sempre e as novas composicións.

A creadora celebrará o vixésimo aniversario de ‘Isué’, o seu primeiro disco en solitario, cunha “festa musical” que transitará entre o acústico e a electrónica da man de Caamaño & Ameixeiras, Mónica de Nut, Ana Fernández, Gisela Sanmartín, Mar Suárez, Laura González, Laura Garrido, Yolanda Allegue e Icía Varela. Foto: Maider Jiménez

Holgado presentou a comezos de ano o seu novo traballo de estudo, 'O fillo de Suso', publicado na renovada e sempre imprescindíbel plataforma A Regueifa 2.0. Agora tráenos o primeiro videoclip do disco, obra da poeta lucense Mariquiña Tereshkova.

O primeiro traballo discográfico deste grupo de folk celta atlántico, -Canto das Xacias, apoiado por unha campaña de micromecenado-, publicarase o vindeiro 8 de setembro O primeiro single, no que colabora Javier Cedrón, lanzouse o pasado 25 de agosto e deixa entrever as sonoridades tradicionais das que agroma a banda, conformada por artistas da Coruña e Arteixo.

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.