Holgado presentou a comezos de ano o seu novo traballo de estudo, 'O fillo de Suso', publicado na renovada e sempre imprescindíbel plataforma A Regueifa 2.0. Agora tráenos o primeiro videoclip do disco, obra da poeta lucense Mariquiña Tereshkova.
No seu novo disco o barcalés Holgado debulla ao longo de doce cancións a medio camiño entre o neofolk máis espido e a Americana de raiz as lembranzas dunha infancia rural que se extingue irremediablemente, nun exercicio de nostalxia absolutamente conmovedor. Unha carta de amor aos seus anos mozos na que son evidentes as influencias do outro lado do Atlántico de xigantes coma Bill Callahan, Will Oldham, Damien Jurado ou Bon Iver pero non tanto o substrato inconsciente co que o músico de Negreira nos remite aos grandes songwriters galegos dos anos 70s como Suso Vaamonde, Miro Casabella ou Benedicto.
Holgado estrea agora o primeiro videoclip do seu novo disco, 'O fillo de Suso', unha videocreación da poeta lucense Mariquiña Tereshkova sobre a canción "Notas do funeral de Ricardo Vieito"