O venres 25 de marzo estreouse o novo traballo discográfico de BERTO, que -despois de ser adiado por enfermidade dun membro da banda o 31 de marzo- será finalmente presentando o vindero 8 de abril na Sala Capitol en Santiago de Compostela.

NOVO TRABALLO DISCOGRÁFICO

En decembro de 2021 publicou o seu primeiro traballo en solitario, “Viaxe ao espazo interior” e agora en marzo de 2022 sorpréndenos cun novo E.P “Bailar Chikito” Unha mestura orgánica entre o Pop, a música electrónica, o trap e o techno. O eclecticismo dentro da Música Urbana é marca da casa para BERTO, agora aos mandos da produción musical e á voz principal, xunto con Marinha, colaboración estrela neste novo lanzamento discográfico.

PRESENTACIÓN NA SALA CAPITOL

O concerto será o disparo de saída da súa xira de presentación do introspectivo “Viaxe ao espazo interior” e do festivo e desenfadado E.P “Bailar Chikito”. Podemos agardar un concerto dividido en dúas partes e cheo de sorpresas e colaboracións. O novo proxecto de BERTO vai acompañado cunha banda en directo, mesturando o analóxico e o dixital. Na batería Lorena “Cachito” e nos sintetizadores María Soa.

Escoita o novo EP de Berto&Marinha na túa plataforma preferida: linksaltafonte.com

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.