Grupos

Habelas Hainas presenta o seu primeiro videoclip, "Marmuradoras", un dos temas incluídos no seu disco Livres e loucas. Realizado por Antía Ameixeiras. O vídeo foi presentado no Gramola de Compostela o pasado 24 de marzo e é un chanzo máis no traballo arredor do novo disco, que están a presentar estes meses polo país. Gaiteiras e bravas, despois dunha intensa traxectoria como músicas ao vivo Habelas son unha perfecta mostra da nova formada do trad e folk galego, onde as mulleres cobran cada vez máis protagonismo. Vídeo no interior do artigo.


Sábado 17 de marzo, a Casa Museo de Manuel María será o escenario dunha xornada inédita, onde os Diplomáticos nos convidan a cantar versos de Celso Emilio, Teresa Ramiro, Manuel Rivas e tamén, claro, Manuel María. Será ás 20h, en Outeiro de Rei e podes reservar billete por 5 euros.


Mañá, mércores 14 de marzo, venres 16 e sábado 17, a cantautora arzuá subirá aos escenarios do país para seguir a presentar "Casandra", terceiro disco da súa carreira, primeiro de estudio. Carballo, Laxe e Moaña gozarán co directo de MJ Pérez, acompañada de toda a súa banda esta cuarta-feira en Carballo, en formato reducido nas outras dúas datas.


A nova e fantástica sala de Mos, localizada no CSCD As Pedriñas, continúa coa súa programación musical despois de abrir as súas portas o pasado ano. Esta fin de semana, serán as bandas Habelas Hainas e Voodoo as encargadas de poñer música nun local que está chamado a se converter no referente para a música ao vivo no sur do país.

Cuarta Xusta é un grupo de rock que naceu en 2016 da man de Aida, Marta, Lúa, Alberto e Alba, pero é agora cando nos veñen presentar o seu primeiro disco. Será o próximo 10 de marzo no Pub Gatos de Melide. O álbum, que leva por título “Un novo espertar” sairá ao mercado xusto o día despois da presentación.

A sala Capitol acollerá o vindeiro 10 de marzo a presentación da nova formación da banda, nunha festa que leva por nome A Casa da Tolemia. Alén de ser o pistoletazo de saída da xira 2018 coa nova formación do grupo, na festa tamén actuarán Boyanka Kostova e Copa Turbo. Señora, señor, xa o sabe, se vostede quere entrar na Casa da Tolemia, non dubide en seguir as aventuras e desventuras da Terbutalina. 

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.