O Teatro Principal de Compostela acolleu onte xoves 23 de febreiro a presentación do documentario Apocalipse NAO II. A banda da Estrada íspese nel para nos mostrar o seu perfil persoal, a outra cara dos Nao cando non están enriba do escenario ademais de permitirnos albiscar como foi o proceso de gravación de Soñar e Crear nos estudios Gárate de Andoain con Kaki Arkarazo. O vídeo xa está dispoñíbel na rede.
Onte, mércores 22 de febreiro, as Ezetaerre ceibaron na rede os oito videoclips dos oito temas que compoñen Aspiracións mínimas e urxentes. Nin máis nin menos. Oito trallazos na liña que marcaba a maqueta coa que se deron a coñecer hai apenas un ano, hip-hop de letras e espírito combativo acompañadas de oito fantásticas pezas audiovisuais. Gozade delas!
V e Anx facendo moito ruído. Bala ultiman os detalles do seu segundo disco, Lume, que sairá a finais deste mes. Polo de agora, adiantan un pequeno teaser e as datas dunha intensa xira que as levará presentar o novo traballo por toda a península, con 4 datas en Galiza en abril e maio.
Ler máis: Adianto e primeiras datas de presentación do novo de Bala
No pasado mes de xullo de 2016 Kin García publicou Xingra coma a area, disco que segue a liña de traballos anteriores e mantén o formato trío, xunto a Jacobo de Miguel no piano e Noli Torres na batería. A súa música
Ler máis: Xingra coma a area, paisaxes autobiográficas de Kin García
A banda de Ames botou a andar un proxecto de micromecenado en Verkami o 2 de febreiro para publicar o se segundo disco, Tentando a sorte e en menos dunha semana xa levan conseguido un 30% do seu obxectivo económico. Aínda estás a tempo de os axudar e colaborar no proceso de elaboración deste traballo, do que xa coñecemos dous dos doce temas que conterá, dúas cancións que tiveron senllos videoclips o ano pasado.
Despois de máis de once anos de actividade, Esquíos ven de gravar ao vivo durante os pasados 3 e 4 de decembro nos Estudios Bonham da Coruña , seu novo disco, Nunca choveu que non escampara. Dez temas propios máis unha versión dos Pixies adaptada á súa persoal idiosincrasia, compoñen o novo asalto sonoro da banda estradense.
Ler máis: Nunca choveu que non escampara, noveno disco de Esquíos