Grupos

Xoves 18 de febreiro, ás 20h, a libraría Lila de Lilith acollerá a presentación en Santiago do segundo disco de MJ Pérez. A cantante arzuá é unha das novas voces da música galega que veñen pegando forte. Inicia o seu camiño en 2014 e acumula xa máis de 30 concertos ás súas costas, pasando por diversas salas e incluso festivais como o Noroeste Pop Rock en 2015, ano en que publicou Guerrilleira.

Xa falta menos para gozarmos cos dous novos discos de Malandrómeda, a última fin de semana de febreiro será o momento. Polo de agora, podemos matar o mono con este seu novo videoclip, VHS do futuro, que veñen de presentar hai apenas un par de días.



Todas as imaxes deste novo vídeo foron gravadas durante a festa de presentación do disco AL OTOMANO MANO SE LE VA LA MANO, nunha Sala Capitol na que se colgou o letreiro de "ENTRADAS ESGOTADAS", chea ata arriba con 800 persoas. Como no seu anterior vídeo, volven contar coa xente de Producciones Mutantes para a súa elaboración.

Nani García volve aos escenarios esta quinta feira co seu emblemático trío de jazz. Será ás 21h cando a Casa das Crechas acolla un concerto de Nani García Trío, que volve á primeira liña da escena musical contemporánea recuperando o seu emblemático trío de jazz, un proxecto co que xa nos anos 80 conseguiu anovar o panorama jazzístico galego.

Malandrómeda volve á carga. Hevi e Caldeirada anuncian novos temas para 2016 e unha xira que pasará por varias cidades e vilas do país. E non presentan un novo disco, senón dous, que publicarán simultaneamente o vindeiro 26 de febreiro. Farano no selo Matapadre, que engade os de Compostela a un catálogo que xa conta con traballos de bandas como Telephones Rouges, Disco Las Palmeras! ou Bala, que precisamente tocan por vez primeira en Inglaterra esta semana.

Despois de tres meses de parón por motivos persoais, a banda de Ponteareas volve aos escenarios. Fárano acompañados polos McOnak, banda vasca de punk-folk que vén a Galiza por vez primeira e faino para presentar Galarrena, o seu segundo traballo. Onte tivemos a ocasión de falar un pedazo co Joseba, un dos integrantes de McOnak, que nos contou que poderemos ollar hoxe na Fábrica de Chocolate.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.