O pasado venres 2 de decembro Sés puña á venda a edición física de Opoñerse á extinción, editado polo selo Fol Música, e asemade subía o disco ás principais plataformas dixitais. A acollida deste novo traballo de Sés está a ser espectacular, co disco esgotado en varios lugares do país na fin de semana e longas fileiras de persoas na sinatura de discos da artista no Culturgal na zornada do domingo.

Un auténtico éxito, a presentación do novo de Sés. A fileira de persoas á espera de que a música lles asinase o disco era impresionante o domingo no Culturgal. E despois de saír á venda o venres, o sábado pola mañá era xa moi complicado conseguir o disco en varias vilas e cidades do país. Hoxe luns chegaron novos exemplares ás tendas pero as máis impacientes puideron -e aínda poden- escoitalo na rede, pois Opoñerse á extinción está dispoñible en Spotify ou Deezer

Así estaba o Culturgal o domingo, coa xente á espera da sinatura de Sés

FOTO: Facebook de Sés

{fcomments}



 

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.