Sandra Piñeiro preséntanos "Nostálxicos", a súa estrea nun estudio de gravación, despois de 2 anos levando as súas cancións de concerto en concerto. Gravada en Abrigueiro Estudios e producida por Arturo Vaquero, na canción Piñeiro conta coa colaboración de Fran Brea á guitarra e David Taboada ao piano. Se che presta, estás a tempo de vela ao vivo no Café Uf de Vigo o vindeiro 4 de novembro.
Despois de dous anos levando as súas cancións de concerto en concerto, Sandra Piñeiro dedidíu que esta, Nostálxicos, era a elixida e a privilexiada para entrar nun estudio de gravación. O tema gravado nos Estudios Abrigueiro de Lugo mostra un sentimento de ligazón á terra, a que todos sentimos estando lonxe do fogar e ás veces mesmo estando nel.
Aquí vos queda esta canción adicada ao mar, á terra, a Cangas, ás lendas e á xente. Lembrade que tedes ocasión de ver a Piñeiro ao vivo no Café Uf de Vigo o 4 de novembro e estade atentas ao seu Facebook pois moi logo ha anunciar novas datas.
{fcomments}