Este sábado, os cómicos Fran Rei e Isabel Risco visitarán A Coruña, nesta programación do Xacobeo que xa percorreu o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra-Muxía, interpretando dous perregrinos no espectáculo Dous no Camiño. Tamén a banda Caxade ha ofrecer un concerto, desta volta en sesión vermú. Caxade e os Dous no Camiño recuperan a parada de Vive o Camiño na Coruña que estaba prevista para setembro, e fora adiada pola choiva, o vindeiro sábado, 14 de outubro.
Ler máis: Caxade e Dous no Camiño pechan o sábado na Coruña o ciclo Vive o Camiño
A cantautora MJ Pérez presenta o seu terceiro traballo discográfico (primeiro de estudio) na súa vila natal. Será o sábado 30 de setembro, nunha noite do máis especial, na que MJ estará rodeada da súa banda e das colaboracións que participaron neste novo CD.
Ler máis: MJ Pérez presenta en Arzúa o seu novo disco: Casandra
Celtis Australis, por unha banda o nome científico do lodoeiro e por outra, e literalmente, o celta do sur. Así deu en chamar Pancho Álvarez o quinto disco de estudio do seu proxecto en solitario. Un proxecto que vai construíndo paseniño, nos tempos libres entre xira e xira coa banda de Carlos Núñez e para o que o músico da Louriña volve contar máis unha vez coa colaboración de Suso de Toro, autor de varias das letras do disco, alén dunha extensa listaxe de nomes da escena folk galega. Escoita os 17 temas deste novo disco en que Álvarez deita de novo a súa mestría coas cordas para nos mostrar o seu particular e austral universo celta.
Ler máis: Publicado 'Celtis Australis', o novo de Pancho Álvarez
A Pousada das Ánimas de Boiro o sábado 6 de maio e Aturuxo de Bueu o domingo 7 serán as dúas primeiras datas dos de Sigüeiro no país despois de xirar por distintos puntos da península. Tanto na súa visita a terras estranxeiras coma nesta volta á casa, Familia Caamagno segue a apresentar os temas do seu último disco editado, Para unha vez que saímos, publicado no 2016.
Ler máis: Familia Caamagno inicia tempada de concertos no país
Os Estudios Mans organizan o concurso de maquetas "Sonidos Mans" que ten como premio a gravación dun EP de 20 minutos e un concerto nalgún dos festivais que colaboran no concurso, como Revenidas, SonRías Baixas, PortAmérica ou Sin Sal. O prazo para presentarse ao concurso rematou onte venres 28 de abril. A banda punk Zume de Miolo denuncia que foron excluídos do concurso pois o seu tema, Ensalada de h*stias", seica ten unha "linguaxe inapropiada". Comunicado da banda no interior do artigo.
A Gramola Gominola, abandeirados do Kindie Rock nacional, han presentar o vindeiro 1 de abril en Pontevedra o seu novo espectáculo, Cancións para desafinar. A nova proposta ao vivo da Gramola está baseada no libro-disco homónimo que lles vai publicar a Editorial Galaxia este mes de marzo na súa colección Sonárbore. A Gramola volve escoller o Salón do Libro Infantil e Xuvenil para apresentar o traballo, do mesmo xeito que fixera hai 2 anos co seu disco de estrea. Xa sabedes, para a boa música non hai barreiras nin idades así que...TODAS A ROCKEAR COA GRAMOLA GOMINOLA!
Ler máis: A Gramola Gominola presenta Cancións para desafinar