Os Estudios Mans organizan o concurso de maquetas "Sonidos Mans" que ten como premio a gravación dun EP de 20 minutos e un concerto nalgún dos festivais que colaboran no concurso, como Revenidas, SonRías Baixas, PortAmérica ou Sin Sal. O prazo para presentarse ao concurso rematou onte venres 28 de abril. A banda punk Zume de Miolo denuncia que foron excluídos do concurso pois o seu tema, Ensalada de h*stias", seica ten unha "linguaxe inapropiada". Comunicado da banda no interior do artigo.
A Fundación Paideia Galiza, fundada en 1986 pola xa falecida Rosalía Mera, ten a titularidade de Estudios Mans. En colaboración con diversos festivais (O Marisquiño, Revenidas, SonRías Baixas, PortAmérica, Atlantic Fest e SinSal) lanzaron este concurso de maquetas co obxectivo de apoiar grupos emerxentes de toda a península. A organización resérvase nas bases o dereito de excluír do concurso aquelas propostas que poidan ser ofensivas para a política da organización e/ou a moral pública en xeral. Esta curiosa condición, que tería de facto excluído centos de formacións de rock ou punk históricas, levouse por diante a ilusión de Zume de Miolo por poder participar no concurso.
Nestes tempos de policorrectismo e falsas apariencias non é de extrañar este tipo de medidas, de certo encamiñadas a controlar e censurar a creación artística. Todo o noso apoio a Zume de Miolo, que nos veñen de enviar este comunicado onde explican os feitos. Leo e escoita o tema censurado, desde logo nada escandaloso para o que se pode escoitar nos festivais participantes.
COMUNICADO: OS ZUME CENSURADOS DE NOVO.
Bueno xa nos pasou que o facebuke eliminou sen mais nen mais a publicación do tema "Ensalada de h*stias" que grabamos nos estudios Litium. Non nos pareceu raro, dado a mojigatería da rede social, pero bueno, era de esperar.
A nosa sorpresa ven agora pola imposibilidade de participar no concurso de maquetas que promove Estudios Mans, impedindo que participasemos nos festivais Portamerica, Sin Sal Son, Atlantic Fest, Sonrías Baixas, Revenidas e O Marisquiño.
Primeiro intentamos participar no concurso de "maquetas" co noso tema "50€" pero non lles valeu porque seica ten pouca calidade de son para subilo na súa web. Pensabamos que era un concurso de maquetas, non de discos producidos. Isto xa nos pareceu bastante de mal gusto, pero bueno.
Así que intentamos participar con "Ensalada de h*stias" pero fomos descartados porque seica ten un "linguaxe inapropiado", co cal estamos pensado en cambiar o nome do tema a "Ensalada de golpecitos suavecitos en la carita" así en castelán, como a páxina do concurso.
Nin que decir ten que impedirnos participar en festivais que teoricamente están abertos ó Punk porque temos un linguaxe inpropiado parecenos, cando menos, penoso, retrogrado e contradictorio de base, e se alguén non o entende, que merque un CD de Chenoa e que se quede tranquilo. Volvemos ós tempos do tío paco e todos tan contentos.
Agradecemos a todos os festivais e os promotores do concurso o seu interese por promover auténtico punk rock como "El canto del Loco" ou "Pereza" e demais grupos que non dicen palabritas feas que fan chorar ó neno xesús.
Se chegache a ler ata aquí, estamos profundamente agradecidos. Se queres axudarnos comparte esta publicación, a ver se chega a ollos dalgún dos responsables de este despropósito e o lee durante o intermedio do programa de Bertín.
A partir de hoxe, cada vez que toquemos este tema, vai adicado a eles.
{fcomments}