A banda optou polo micromecenado na plataforma Verkami para o seu novo traballo e están a piques de chegar ao seu obxectivo cando aínda restan 20 días para que remate o prazo do proxecto. Se lles queres botar un cabo nesta nova singradura, bule porque pouc@s patronsiñ@s e oficiais máis van poder enrolarse con eles.
Todo un éxito o proxecto de crowfounding que montaron os Falperrys para a gravación do seu novo disco. Ben, realmente o proxecto é máis ambicioso pois desta volta editarán en Vinilo e tamén en CD o novo traballo, ao tempo que reeditarán o primeiro CD para os que quedaron sen el. No disco han incluír como extra cancións gravadas en acústico, para deixar constancia tamén dos moitos concertos que veñen dando neste formato. As recompensas van desde distintos packs cos dous discos e diferentes produtos de merchan até un concerto do grupo en acústico en calquera lugar do país, pasando por un bico do Petetas ou unha invitación para ver os fogos de Bouzas desde o Castro. Obviamente, a gana que ten a xente de escoitar as novas cancións do grupo unido ás inmellorables recompensas fixeron que as achegas se multiplicasen. A singradura comeza, se non queres quedar varado en seco, fai a túa achega.
{fcomments}