Grupos

Despois de máis de once anos de actividade, Esquíos ven de gravar  ao vivo durante os pasados 3 e 4 de decembro nos Estudios Bonham da Coruña , seu novo disco, Nunca choveu que non escampara. Dez temas propios máis unha versión dos Pixies adaptada á súa persoal idiosincrasia, compoñen o novo asalto sonoro da banda estradense.

Comezamos o ano falando de horarios de festivais e dos Poetarras, unha das bandas galegas que máis escenarios pisou no 2016. Nados como un proxecto inicialmente enfocado ao audiovisual -faceta que non parecen deixar de lado- o éxito do tema que lle dedicaron ao noso presidente fíxoos virais na rede e populares nos festis. Pasaron de ser tres a catro, foron noticia en medios estatais e levan meses facéndonos máis felices coa súa música e a súa irreverencia. Eles son os Poetarras.

Dá igual se o apalpador visitou a vosa casa o 24 ou se o vai facer o 31, o que non podedes perder é o tremendo agasallo que chega mañá para todas até terras coruñentas. Xangai Km 0, unha outra aventura musical dos Tres Trebóns. Mañá luns 26, ás 21:00h, a coruñesa sala Mardigrás vai acoller o que será o primeiro estalo dunha serie de celebracións que rematarán en outubro do vindeiro ano, coa gran festa do XL aniversario do Ateneu de Nou Barris en Barcelona. E para comezar, Os Tres Trebóns, acompañados dalgún ultracán e de vari@s jarbanzos neghros van encher a Coruña de festa rachada.

A Gentalha do Pichel organiza Eclosom, I Certame de músicas emergentes do Pichel. Até o 31 de xaneiro do 2017 está aberto o prazo para a inscrición de bandas que han cantar e empregar o galego nas súas redes, ter mulleres na formación e non ter publicado disco ningún. Toda a info e as bases do certame neste artigo.

O sábado 10 de decembro a banda de Aríns presentará o novo traballo na Sala Capitol de Compostela. O novo disco, 20 segundos, vén poñer o ramo a este 20 aniversario dos Ruxe, para o que xa publicaran un documental sobre a banda, Sempre Adiante, e que tamén celebraron co concerto do pasado 25 de xullo na praza da Quintana. 20 anos dos Ruxe que seica lles pasaron como 20 segundos e que queren celebrar coas seareiras este sábado en Compostela.

O pasado venres 2 de decembro Sés puña á venda a edición física de Opoñerse á extinción, editado polo selo Fol Música, e asemade subía o disco ás principais plataformas dixitais. A acollida deste novo traballo de Sés está a ser espectacular, co disco esgotado en varios lugares do país na fin de semana e longas fileiras de persoas na sinatura de discos da artista no Culturgal na zornada do domingo.

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.