El grupo de rock fusión da Bandeira, TU MUJER NOS ENGAÑA, presentou onte mércores o seu novo disco. Trátase dun traballo cuádruplo que foi estreado na sede da SGAE en Compostela. O traballo conta coa colaboración de destacados membros da escena musical galaica como Xurxo Souto, Vituco Neira, Bocixa ou Alberto Cereijo, entre outros. 40 cancións que prometen non deixar ninguén indiferente nun traballo cantado en galego, castelán e mais inglés.
O vindeiro xoves 11 de xuño, ás 21h no Salón Teatro de Compostela, Roberto Sobrado festexa os seus vinte anos facendo cancións coa estrea do seu novo disco. Para a presentación de "Atlas de Anatomía" contará coa compaña dos REsentidos, aBe Rábade ou O Leo i Arremecághona entre outros. Este novo traballo protagonizou unha exitosa campaña de crowfounding, na que perto de 100 mecenas colaboraron na produción deste concerto-presentación que se ha desenvolver quinta feira en Compostela.
Ler máis: Roberto Sobrado presenta o seu "Atlas de Anatomía"
Nao anuncia a súa retirada. Non vai ser de hoxe para mañá, mais semella que a decisión está tomada de vez. Porén, non vos preocupedes, aínda habedes ter seguro a ocasión de volver ver ao vivo aos Nao, pois este verán van estar en moitos dos escenarios festivaleiros do pais. Van ir contándonolo através do documental que estiveron a gravar nos primeiros meses de 2015. O filme vánnolo ir facendo chegar en pequenas doses, concretamente tres, onde nos abren a porta ao interior dunha das bandas máis importantes no noso panorama roqueiro nos últimos 10 anos. Eis o primeiro estalo.
O grupo compostelán The Homens dará o día 12 de xuño na Sala Capitol de Santiago de Compostela un único concerto, o primeiro desde a súa marcha dos escenarios hai catro anos. A banda estará acompañada polo grupo de Porto do Son The Lost Omelette Makers. As entradas (a 8 euros a anticipada e 10 na billeteira) poden comprarse xa nos establecementos composteláns Miranda - Cultura para levar e A Reixa Tenda. Ademais, aínda estás a tempo de participar na escolla do repertorio que a banda vai tocar no concerto. Dálle ao link que hai no interior do artigo e fai a túa contribución. Ti pica e eles tocan!!
Ler máis: The Homens volven para un único concerto na Capitol
Había tempo que non actualizabamos a nosa sección de música infantil. E sinceramente, non é por falta de novas pois o mundo da música para a rapazada cada vez está máis vivo. Proba disto é a nova banda A Gramola Gominola, que propón un percorrido por distintos xéneros músicais para lles ir mostrando aos e ás máis pequenas a marabillosa diversidade musical que existe. Se tes crianzas e non queres que che toleen a cabesiña cos CantaJuegos tes que seguir lendo!!!
Ler máis: Para que os pequechos poidan escoller unha gramola chea de gominolas!
Hai cousas que non están ao alcance de todo o mundo. Hai que o asumir, non querer autoenganarse e saber as nosas limitacións. E unha desas cousas que non todo o mundo pode dar feito é a festa do décimo aniversario dos Veraneantes. Avisadx quedas. Se segues a ler este artigo e decides embarcarte na tolería que montan este sábado, falo baixo a túa enteira responsabilidade.