Con 90 anos cumpridos, Manuel Pazos, máis coñecido coma Pazos de Merexo, non deixa de recibir recoñecementos. Despois de levar o premio Nordés 2015 en Cee hai apenas 15 días, agora é o seu concello natal, Muxía, o que lle vai render homenaxe. Este domingo o concello muxián outórgalle o Premio Maria Amelia nun acto que tamén valerá de marco para a presentaciòn dun libro-disco dedicado ao acordeonista, da autoría de Xurxo Souto e Pedro Pascual.
Agora mesmo hai 160 proxectos activos na web de micromecenados Verkami. Entre eles, atopamos dous vinculados á música galega. A estrea en solitario de Brais Morán, vocalista de Loretta Martin, e mais o novo disco de Virandeira Folk. Se tes a inmensa sorte de chegares a fin de mes con 20€ no peto, xa sabes como investilos ben.
Ler máis: Brais Morán e Virandeira Folk tamén apostan no micromecenado
Chega a primavera e a Esquíos ademais de se lles alterar o sangue, entráronlles unhas ganas tolas de gravar un novo disco. Trátase dunha nova colección de cancións que capturen o seu momento vital actual e que reflictan a súa carraxe co que está
a pasar, o seu lado máis combativo tanto a nivel lírico coma musical...e coma as cousas e mellor botalas fora que calalas, a comezos de abril hanse pechar dous días nos Bonham estudos da Coruña para gravar ao unísono, coma adoitamos facer, dez novas pezas que incorporaran novos elementos coma retazos de música surf, hip-hop, rock industrial..., vellos xa coñocidos…e o que se lles ocorra alá.
O título : A DIANA SOMOS TOD@S. Estades avisad@s!
The Lákazans andan ás voltas co seu novo disco, Homegrown. Aquí tedes un dos temas deste novo traballo, Wonderland Words, gravado ao vivo no estudio Casa de Tolos. En marzo e abril The Lákazans estarán presentando o disco, con paraxes na Pousada das Ánimas de Boiro o sábado 21, en Sarria o 28, na Iguana de Vigo o 10 de abril e na Coruña o 24 dese mes.
Queres escoller un tema do novo disco de BellónMaceiras? Pois até o 22 de marzo podes facelo, por diversas vías e participar deste xeito no novo traballo do dúo. Un disco moi especial, pois conmemora o 10º aniversario da formación. Simplemente tes que lles enviar o título, unha partitura ou mesmo unha gravación do tema que queiras que inclúan no disco...se gañas, estarás no novo disco!
A novidade máis rechamante no eido folk do país neste 2015 vai tomando corpo. Desde onte, 10 de febreiro, está xa á venda o disco de estrea de Rústica. Anxo Pintos, Davide Salvado, Cristina Pato e Roberto Comesaña únense neste proxecto singular. Catro grandes personalidades da música galega que presentan un disco moi especial, da man de Fol Música, co que pretenden mostrar o seu amor inquebrantable polo patrimonio cultural do noso país.