O grupo formado en Meirama está na fase final de gravación do seu décimo disco. Zënzar leva 27 anos en activo con todos os membros fundadores excepto o guitarrista e colaborador manuel Silveira. O 2013 foron homenaxeados co cd de versións "Vai polos Padriños" no que participaron 20 bandas galegas convertíndose así nos padriños do rock galego.
Ler máis: O novo disco dos Zënzar estará na rúa nun par de meses
Mañá venres tocan na Cova Céltica, logo gravan na Fundación SGAE e van a Teruel. Unha das compoñentes, Antía Ameixeiras, xirará con Carlos Núñez por Estados Unidos como gañadora da bolsa de Afundación. Despois dun 2014 onde gañaron o Querostar do Son do Barbansa e o 2º premio do Música Xove, comezan este ano con concertos, gravación e máis premios.
Coanhadeira precisa de ti. A banda ourensá anda embarcada nun proxecto de micromecenado para publicar o seu novo traballo, Bicos con luvas. Cando faltan máis de 15 días para o prazo rematar, o seu proxecto atinxiu máis do 60% do diñeiro preciso para ser levado a cabo. Aínda estás a tempo de colaborar na súa teima de facer bailable calquera lugar e de ateigar os nosos camiños de adornos do país e anacos do seu mundo.
SOKRAM presenta “Chuvia Ácida”, o seu primeiro LP en solitario, o 16 de xaneiro na Sala Capitol de Compostela. O día anterior sairá á venda en distintas plataformas on-line, mais xa está dispoñible para escoita. Aquí tes a estrea en solitario do SOKRAM!
Bolboreta, o proxecto liderado por Lydia Botana, fixo a súa presentación onte na Coruña. Non puidemos estar aló, polo que quedamos coas ganas de coñecer polo miúdo a estrea. Teremos que nos conformar co seu primeiro videoclip, "Nunca choveu". Velaquí o tedes!
As Ataque Escampe veñen de sacar o segundo videoclip do seu último disco, O disco vermello. Despois de Horas Extra, primeiro videoclip, que forma parte do Ukelele Kit Project, agora veñen de presentar Os problemas crecen. Este segundo video é unha produción d'O longo adeus para Discos da Máquina.