O grupo formado en Meirama está na fase final de gravación do seu décimo disco. Zënzar leva 27 anos en activo con todos os membros fundadores excepto o guitarrista e colaborador manuel Silveira. O 2013 foron homenaxeados co cd de versións "Vai polos Padriños" no que participaron 20 bandas galegas convertíndose así nos padriños do rock galego.

O grupo rexistra as novas pezas case ao vivo buscando un son máis cercano ao directo. O novo disco estáse gravando no estudio Escola da Rúa de Carballo. É a primeira ocasión que o traballo se fai a poucos minutos da casa xa que sempre se desprazaba á zona de Vigo nos estudios de Javier Abreu, productor musical que sempre se ocupou da parte técnica no proceso e que repite neste novo cd contando co carballés Manolo Dourado como axudante de son.


Nuns días empeza o traballo de mestura logo de afrontar unha derradeira sesión no estudio e a previsión é presentar as novas pezas en marzo ou abril.

Coma é habitual, teñen participación amigos da banda coma Vituco (voz), Duarte (guitarra) e Xan (saxo) os tres de Ruxe Ruxe, Xenderal (voz e beat box) e Xosé Manuel Ares (gaita) que xa se incorpora á formación habitual.

Como adianto chegou en novembro a peza "Cortina" (Nimbos, 1961) con letra do poeta Xosé Díaz Castro (homenaxeado nas Letras Galegas 2014) e fúndese cunha peza audiovisual  dirixida por Paco Gallego e realizada polo propio membro do grupo Bocixa, a partir do poema  que fala sobre as duras condicións de vida dunha familia galega do rural.
Farruco de Rolda é  a personaxe metáfora da paulatina decadencia e posterior abandono do agro, intensificada durante a segunda metade do século XX.


"Cortina" preséntanos unha Galicia mimetizada histórica e culturalmente con Xapón, un Imperio do Sol Poñente que vive as súas derrotas e o fin duns tempos e dunha forma de vida que fora perpetuada, durante xeracións, en forma de tradición e costume.

Fotos: Facebook de Zënzar


{fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.