Tras varios meses de intenso traballo, o xoven compositor e gaiteiro Pablo Devigo, a través da Asociación Cultural A Píntega Marela, inicia a edición das súas obras para gaita galega coa publicación da súa obra máis recoñecida, Bría.

Composta con tan só 17 anos, Bría foi gañadora do Concurso Internacional de Composición para Gaita Galega Constantino Bellón en 2008 e é unha peza admirada e demandada por multitude de gaiteiros de todo o mundo.

Trátase dunha versión revisada para gaita e piano na que se coidou ao máximo a edición para dar a posibilidade de tocar nas mellores condicións unha obra que xa está considerada como clave na música galega.

O libro contén a partitura xeral para gaita e piano, a particella para gaita e notas explicativas do autor nunha edición trilingüe en galego, castelán e inglés.

A distribución vai ser exclusivamente de forma online a través da web d'A píntega amarela

{fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.