Coanhadeira precisa de ti. A banda ourensá anda embarcada nun proxecto de micromecenado para publicar o seu novo traballo, Bicos con luvas. Cando faltan máis de 15 días para o prazo rematar, o seu proxecto atinxiu máis do 60% do diñeiro preciso para ser levado a cabo. Aínda estás a tempo de colaborar na súa teima de facer bailable calquera lugar e de ateigar os nosos camiños de adornos do país e anacos do seu mundo.

Bicos con luvas pretende ser a "caixiña" onde Coanhadeira quer gardar as pequenas e grandes ideas xurdidas nos últimos 5 anos.

Como se pode ler no seu verkami, "O traballo pretende sumar positivamente á música feita na Galiza, sen prexuízos; facer bailable calquera lugar, ateigar de poder percusivo, de letras sorprendentes, de atmosferas sutís, de adornos do país e de anacos dos mundos de cada un/ha de nós e do noso camiño até hoxe.

Para todo isto precisamos de ti, de vós, de vosoutras e vosoutros e de todos e todas as que, sabendo de nós, aínda nos queredes; e tamén dos e das que estades a puntiño de deixarnos entrar no voso mundo.

Precisamos a vosa axuda, queremos sacar o noso traballo adiante colectivamente. Queremos que nos coñezas. A cambio, nós agasallarémosvos co noso esforzo e a nosa música."


{fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.