SOKRAM presenta “Chuvia Ácida”, o seu primeiro LP en solitario, o 16 de xaneiro na Sala Capitol de Compostela. O día anterior sairá á venda en distintas plataformas on-line, mais xa está dispoñible para escoita. Aquí tes a estrea en solitario do SOKRAM!

SOKRAM presenta “Chuvia Ácida”, o seu primeiro LP en solitario, o 16 de xaneiro na Sala Capitol de Compostela. MC dos pioneiros 5Talegos e de Dios ke te Crew, o SOKRAM descubriranos as súas cancións acompañado dun feixe de bos músicos. L.A.R. Legido, baterista en Sumrrá ou Narf Trío entre outros;  Hevi, Mc en Malandrómeda e Fluzo; Alba Suárez aos coros;  Magnifique Band dos Homes sen Medo, ventos;  Xose Antonio Ríos e Paco Cerdeira ás guitarras; Alto Asalto e Mou e mais Jamas do colectivo Dios ke te Crew.

SOKRAM: Deseñador de Cancións e Cantante de Imaxes
MC e membro fundador nos noventa da pioneira banda de rap galego 5Talegos, vocalista e letrista en Dios ke te Crew dende o seu nacemento en 2003, unha das mentes máis proactivas e multidisciplinares deste famoso colectivo hip hop e da escea cultural: Vocalista, Street Artist, muralista, deseñador gráfico, ilustrador, organizador respetado DesOrdes Creativas (Festival Internacional de Arte Urbana) e director artístico do estudio Mutante Creativo.
MC  todoterreno, curtido en centos de escenarios e salas de toda a península. Destaca pola súa potencia, velocidade e dicción milimétrica á hora de rapear e pola súa versatilidade en canto estilos, cunha técnica desbordante que toca diversos rexistros e maneiras de fluir sobre calquer ritmo.
Despois de 4 traballos discográficos e centos de concertos con DKTC, facendo vibrar, saltar e pensar a milleiros de persoas co seu polémico, divertido e enérxico directo nos millores festivais do país, de compartir escenario con bandas e artistas de primeiro nivel internacional e estatal como The Beatnuts, Dj Muggs, SaiansuppaCrew, Foreign Beggars, Mad Professor, Violadores del Verso, O´Funkillo, SFDK, Duo Kie, La Excepción,  Rapsusklei,  Shotta  e un longo etc..  Logo de firmar con BOA MUSIC con Dios ke te Crew, a editora máis importante de hip hop en España e Latinoamérica, de acadar o premio a o mellor proxecto musical na categoría de Hip Hop e Músicas Urbanas nos I Premios Galegos da Música, tamén con DKTC acada recoñecemento internacional a o espallar a súa obra artística por festivais de arte urbana e moitas ciudades europeas... Sokram tómase un tempo de reflexión para centrarse no seu traballo persoal como músico de hip hop…e os froitos podemos dicir que xa están aquí.


Acaba de presentar o seu  primeiro LP en solitario nun formato moi especial, unha edición limitada (so 300 copias) digna de coleccionistas, presentada nun Pack Especial que inclúe: Vinilo 12”+CD+Fancine+Lpdixitalpra descarga. Amúsica e a obra gráfica persoal conxúganse nun mesmo soporte por medio do fanzine de autor (tamaño vinilo, 16 páxinas) composto por obra gráfica do mesmo Sokram, no que cada páxina ilustra a cada canción complementando asia mensaxe de cada track.
“Chuvia Ácida” é o título, gravado en Rapapoulo Estudios da man de Mou, beatmaker de DKTC, ao cargo de todo o peso da produción musical e a gravación do disco; e masterizado en Abrigueiro Estudios por Arturo Vaquero.
Un Lp de longa duración cheo de maticese texturas, no que Produtor e MC se complementan milimetricamente, movéndose por distintas sonoridades nas que prima inconfundiblemente un trasfondo negroide que pervive ó longo de todo o traballo.
Unha viaxe musical en clave hip hop polo Funk, o Soul, o Jazz, o Rock&Roll, o Hardcore, o Dance hall, o Electro..Letrasácidas, moitosentimento, versatilidade vocal e estilística, paraxes sonoras vario pintase temáticas diversas, fan deste LP un traballo digno dunha análise concienzuda a base de moitas escoitas.
Humor, sarcasmo, instrospección, retranca, crítica, activismo, ecoloxía, amor, odio; Moitacoraxe.. e máis corazón…  Creativo e persoal, desbordante en sinceridade, adulto e irónico; lonxe de tópicos e prexuizos obsoletos. Desmárcase a pasos de xigante dos roles e temáticas habituaisno panorama actual do hip hop estatal no que prima maioritariamente o e gotrip por riba do resto.
Un LP fresco e reflexivo, crítico e divertido, bailable pero a un tempo sosegado según lle convén a cada temática. Son moitas as capas da poética e da profundidade sonora e visual deste proxecto.  
No apartado das colaboracións a listaxe non é curta, pero si selecta. Unha coidadalista de músicos e vocalistas que se sumaron ao proxecto aportando o seu importante graniño de area a esta extensa paleta de cores:
A mestría indiscutible na percusión de L.A.R. Legido (baterista en Sumrrá, Narf Trío, Aquófono) ea inconfundible voz e lírica de Hevi (Mc en Malandrómeda eFluzo) en “A paradoxa de Dióxenes”. Os coros de Alba Suárez, a elegancia da sección de ventosda Magnifique Band dos Homessen Medoe o funk das guitarras de Xose Antonio Ríos (aka Santino, Cona Yeyé, Lady Chatarra) en “Fotosíntese”, “Gran traballador” e “Juego de Truños”. A contundencia do rap hard core de Alto Asalto e a guitarra de Paco Cerdeira (zënzar) en “Lobbyshomes”. A habilidade cirúrxica dos Technics de Dj Mil ( Groovers, Tramaturgia, KomandoKatana) en “Falo Galego” e “Monstros”. E como non podía faltar a DKTC, as inconfundibles voces de Mou e Jamas do colectivo Dios ke te Crew que aparecen nos tracks“Mutant Roll” e “Real Politik” respectivamente.
Un braimstorming creativo no que Sokram da renda solta ao seu imaxinario e capacidad einventiva a varios niveis, convertendo cada un dos 15 cortes nunha curtametraxe, cada unha coa súa atmósfera particular e un pulso medido e calculado. 15 curtas que forman unha longa: Chuvia Ácida.
A xira de presentación de CHUVIA ÁCIDA arrinca na Sala Capitol de Compostela o vindeiro 16 de xaneiro cunha presentación especial única na que estará acompañado por tódolos colaboradores do disco, o cal irremediablemente fará deste concertó una noite irrepetible.


Ademáis a velada comezará cunha sesión aos pratos por Dj Mil, que quentará o ambiente da millor sala de Galicia cunha das súas trepidantes sessións de Turntablism e dos hits máis selectos para dar paso despois a o resto do show.
O disco xa está dispoñible para escoita gratuíta e á venda dende o 15 de decembro en tódalas plataformas dixitais como Spotify, iTunes, Amazon, BandCamp, Google Play, Sony  Entertainment, etc.. Ademáis pódese adquirir a vosa edición de coleccionista (Pack Vinilo+CD+Fancine+Lp de descarga) no concerto de presentación da sala capitol coa entrada por un módico precio (Entrada + Pack especial: 17 €) e para os que non poidan asistir, tamén está á venda online dende a tenda da súa páxina web: www.sokram.org

VENDA DO DISCO:
www.sokram.org

PRECIOS DAS ENTRADAS:
7€ anticipada /  17€ anticipada + Pack Especial (Vinilo+Cd+Fanzine)
10€en taquilla/ 20€en taquilla + Pack Especial

Venta de entradas físicas: Santiago: A ReixaTenda / Cultura Urbana I A Coruña: Discos Portobello I Ordes: Jatopús
Venta de entradas online:www.ticketea.com

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.