Xabier Díaz estrea o 21 de novembro en Vigo o seu novo disco, ‘The Tambourine Man’, coas Adufeiras de Salitre. A cita será ás 20:30h no Auditorio Municipal. ‘The Tambourine Man’ xa está nas tendas e Vigo será o segundo lugar onde o presente. Despois estará en Madrid, o 4, e Barcelona, o 5 de decembro.
Compostela, 6 de novembro de 2015. Radio Cos, a banda tradicional de Quique Peón e Xurxo Fernandes, celebran este ano dez anos e queren compartilo co público compostelán. Será o vindeiro xoves 12 de novembro na Casa das Crechas. O concerto será ás 23h e as entradas están á venda a un prezo de 8 euros.
Ler máis: Radio Cos celebra o seu décimo aniversario cun concerto nas Crechas o vindeiro xoves
Rururbana é o nome do traballo do Melide, membro do coletivo Hip Hop Ateneu. Trátase dun colectivo anticomercial que traballa desde a autoxestión e dede unha óptica anticapitalista, e que leva desde o ano 2000 bourando no país. O disco de Melide está a descarga directa na nosa web, non deixes de escoitalo!
Os Skarmento festexaron no Deza os seus quince anos enriba dos escenarios. Foi en setembro e alén do concerto conmemorativo tamén aproveitaron a data para tirar do prelo Quince anos é media vida, un libro que conta estes anos de andaina. O Brais Arroutado cóntanos o que significan -e significaron- os de Donramiro na vida dun adolescente galego, deses que xogan fútbol nos descampados sabedores de que o Dépor é o seu West Ham.
O coro da Mariña, dirixido por Ugia Pedreira e Pierrot Rougier, busca voces. Co epicentro en Rinlo (Ribadeo), o coro busca voces da Mariña e do Eo-Navia para armar un coro diferente e mixto. Xente con ou sen formación musical, profesionais e amadores, xente de 14 a cento e pico anos, estades todas convidadas ao novísimo coro da Mariña que se presenta -e fai a primeira convocatoria de voces- o vindeiro 24 de outubro na Escola Vella de Rinlo.
A banda viguesa presenta mañá sábado 19 de setembro o seu segundo disco, Metamorfose, no Auditorio Municipal do concello de Vigo. Folk fusión que mestura xéneros e estilos e que xa colleitara moi boas críticas coa súa estrea, Sons do Atlántico. Virandeira Folk volven cunha nova proposta que promete ser tan ecléctica e xenuína coma o anterior traballo. Sábado, en Vigo, ás 21h, con entradas a 6€ adiantada e 8€ na billeteira.