Rururbana é o nome do traballo do Melide, membro do coletivo Hip Hop Ateneu. Trátase dun colectivo anticomercial que traballa desde a autoxestión e dede unha óptica anticapitalista, e que leva desde o ano 2000 bourando no país. O disco de Melide está a descarga directa na nosa web, non deixes de escoitalo!


Achegámosvos o novo traballo do colectivo HipHop Ateneu. Tedes a ligazón para descargar o EP de Melide neste artigo, despois da breve reseña do mesmo que nos envían desde o Ateneu.

Hip hop e poesia arredor dos dramas e as luzes da periferia. Umha viagem guiada no P2 (Estaçom de buses-Ortonho), contemplando todo aquilo que ansiamos e todo aquilo que nos atravessa: da sombrinha no rio à economia de mercado passando polo eucaliptal, os astros, o sexo, as pistas da parcelária, as torretas de alta tensom, a memória, o paraíso, a frustraçom, a imortalidade e a luita pola vida efémera. Músicas da mao de Pura Mestura, Desenhos por Kike. Gravado nos estúdios Cocobolo (Val da Amaía). Pronto para descarregar nesta ligaçom:

{fcomments}




Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.