A banda con epicentro en Uxes colle os instrumentos, as mochilas e a furgoneta para presentar o seu novo disco en seis países. Despois de máis de 300 concertos ás costas en apenas 5 anos e 6 xiras por toda Europa, Chotokoeu é sen dúbida un dos grupos do país con maior proxección en Europa. Por todo o continente teñen levado o Balkan, o Rock, o Swing, o Drum&Bass e tamén a súa festa. E agora fano de volta. Le e escoita o motivo.

Este novembro de 2015 presentan o seu novo disco, Saír a voar,que gravaron en Francia a principios de ano. Estiveron traballando nel amodiño e con agarimo para sacalo á luz e, por suposto, levalo de viaxe con eles nunha xira na que percorrerán 6 países en 15 días (Alemania, República Checa, Austria, Suíza e Francia) e continuarán pola península con concertos en Murcia, Elche, Granada, Madrid, Boal e Vitoria. Na Galiza presentarán en Ourense (+Maskarpone), en Compostela (+Trópico de Grelos+Brinkadelia+Hadri H) e como fin de xira, o 26 de decembro teñen preparada unha festa especial na súa cidade natal, A Coruña.

En definitiva, Saír a voar é a frase que resume a actitude destes 7 músicos galegos, traballando por e para a música, co obxectivo de facer as ledicias do público alá onde van coa súa música e a súa enerxía.

Descarga o disco ou escóitao na web do grupo

Así foi a gravación do disco

Máis info: www.chotokoeu.com


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.