En decembro chegará ás librarías o libro-disco Non hai berce coma o colo, un proxecto dirixido polos músicos e mestres Magoia Bodega e Paulo Nogueira. O traballo procura recuperar arrolos tradicionais para as crianzas de hoxe en día. O 7 de decembro, no marco do Culturgal, será presentado este novo proxecto de Kalandraka. Olla o videoclip adianto!



O proxecto dirixido por Magoia Bodega e Paulo Nogueira conta coas ilustracións de Mariona Cabassa. Ademais, as cancións son interpretadas por destacados músicos e músicas do país: Mini Rivas, Sonia Lebedynski, Merchi Rodríguez (Leilía), Pancho Álvarez, César Longa, Begoña Riobó, Segundo Grandío e Navia Rivas.

A modo de adianto, xa está dispoñible na rede o primeiro videoclip: “Berce do Pedro Chosco”, coa voz de Mini Rivas.

O traballo presentarase publicamente en CulturGal, o domingo 7 de decembro ás 11:30 horas, no Espazo Bebés. Será un acto dirixido a público adulto no que Paulo Nogueira e Magoia Bodega, xunto cunha representación dos demais participantes neste traballo, explicarán a importancia de recuperar estes cantos tradicionais, auténticas xoias do noso patrimonio oral e musical.

“Estes cantos de berce, noutrora abondosos e hoxe case inexistentes, transmitían as palabras primeiras. Palabras que completaban o universo sonoro co amor vertido sobre a criatura…”
[Mini Rivas, no limiar da obra]

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.