Malandrómeda volve á carga. Hevi e Caldeirada anuncian novos temas para 2016 e unha xira que pasará por varias cidades e vilas do país. E non presentan un novo disco, senón dous, que publicarán simultaneamente o vindeiro 26 de febreiro. Farano no selo Matapadre, que engade os de Compostela a un catálogo que xa conta con traballos de bandas como Telephones Rouges, Disco Las Palmeras! ou Bala, que precisamente tocan por vez primeira en Inglaterra esta semana.
Os santiagueses Malandrómeda estrean discos en febreiro. Si, discos. 'Cada can que lamba o seu carallo' e 'Os corenta e oito nomes do inimigo', dous LP's que saen asemade e que son as dúas novas referencias do selo Matapadre. Neste selo tamén está o dúo Bala, que presentaron hai uns días novo videoclip e anda de concerto por Inglaterra esta semana, na súa primeira saída fóra a tocar.
Volvendo a Malandrómeda, desde o 26 de febreiro poderase gozar dos novos temas da histórica formación de hip-hop da capital, tanto en formato físico como nas plataformas dixitais. Acompañando a saída dupla, Malandrómeda comeza unha xira que os ha levar por varios locais galegos e un, a Lata de Zinc, de Uviéu.
Eis as datas todas:
27.02 De bares por Santiago Santiago de Compostela
04.03 Asociación Cultural Xebra Burela
05.03 Festival Primos Hermanos Oviedo
18.03 Labranza Bueu
19.03 El Pueblo Ourense
02.04 Nave 1839 A Coruña
09.04 Liceo Mutante Pontevedra
16.04 Distrito 09 Vigo
{fcomments}