Este sábado, os cómicos Fran Rei e Isabel Risco visitarán A Coruña, nesta programación do Xacobeo que xa percorreu o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra-Muxía, interpretando dous perregrinos no espectáculo Dous no Camiño. Tamén a banda Caxade ha ofrecer un concerto, desta volta en sesión vermú. Caxade e os Dous no Camiño recuperan a parada de Vive o Camiño na Coruña que estaba prevista para setembro, e fora adiada pola choiva, o vindeiro sábado, 14 de outubro.

Como novidade esta vez, será en sesión vermú, a partir das 12:00, no mesmo lugar en que estaba prevista ao inicio: os Xardíns de Méndez Núñez. Dous no Camiño é unha creación teatral na que os cómicos Fran Rei e Isabel Risco encarnan a dous peregrinos que percorren o Camiño Inglés. Dirixido por Avelino González, baséase nun texto de Roi Vidal e Xurxo Barcala. Nel atopamos a dous peregrinos camiñando e descubrindo as paraxes do Camiño ao seu paso por cada unha das vilas. Ademais, e na mesma liña de Dous no Camiño, Fran Rei e Isabel Risco levarán a cabo unha animación, de creación e dirección propia, tanto nos concellos como nas contornas dalgúns albergues, onde interactuarán coa cidadanía e as persoas que peregrinan en cada posta en escena. Nesta animación, Atanasio e Teodoro, os dous discípulos de Santiago que levaron polo mar os seus restos ata Galicia, atópanse perdidos despois dunha viaxe no tempo de moitos séculos.As modernidades que ven sorpréndenlles, pero ao mesmo tempo van descubrindo que o esencial do Camiño de Santiago, a natureza, as paisaxes e os monumentos, non mudaron.

Por outra parte, haberá un concerto de Caxade, banda que con acordeón, bombardino, trompeta e batería móvese entre o indie e o folk para traer reminiscencias de músicas populares europeas ao pop. Caxade presenta, no concerto da Coruña, o traballo E isto é o amor. Camiño Inglés e Camiño Fisterra-Muxía no 2017 Vive o Camiño, a programación do Xacobeo para dar a coñecer o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra-Muxía, percorreu en agosto e setembro boa parte dos concellos de ambas rutas para dinamizar as súas programacións culturais e promocionar as dúas vías. Este programa cultural quixo servir como vehículo de transmisión dos valores xacobeos, tanto entre as persoas que están a realizar a ruta como a poboación galega. As funcións e concertos foron con entrada de balde, para pór en valor o Camiño Inglés e o Fisterra-Muxía ao alcance de todo o mundo. O Plan director do Camiño de Santiago, a folla de ruta que contén todas as iniciativas e intervencións previstas coa vista posta no Xacobeo 2021, dedica 2017 ao Camiño Inglés e ao de Fisterra-Muxía. En paralelo ás infraestruturas e o mantemento, trabállase en eidos como a promoción e as actividades de divulgación para os escolares, ademais de programas culturais como Vive o Camiño. En conxunto, estase a superar os 1,4 millóns de euros neste exercicio.

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.