V e Anx facendo moito ruído. Bala ultiman os detalles do seu segundo disco, Lume, que sairá a finais deste mes. Polo de agora, adiantan un pequeno teaser e as datas dunha intensa xira que as levará presentar o novo traballo por toda a península, con 4 datas en Galiza en abril e maio.
Bala adiantaron os primeiros 33 segundos do seu disco novo, Lume, neste teaser. O traballo lanzarase a finais deste mes de febreiro. Despois da publicación, Bala comezará unha extensa xira de presentación que as levará a visitar moitos lugares do planeta.
No novo disco, Bala cantan en galego e castelán, ademais do inglés que xa empregaron no seu potente disco de estrea, Human Flesh. (Escóitao no bandcamp de MATAPADRE).
Polo de agora xa anunciaron as primeiras datas pola península, uns meses de marzo e abril moi intensos con 11 concertos en 40 días, 6 deles grazas a seren escollidas para xirar no Girando por Salas (GPS), organizado polo INAEM. DEspois, paradas en Galiza a mediados de abril con concertos en Pontevedra, A Coruña e Vigo e tamén data confirmada en Lugo o 20 de maio.
Bala: datas confirmadas marzo-maio 2017
03.03 | Paris 15 | Málaga (GPS) |
04.03 | Fanatic | Sevilla (GPS) |
11.03 | Festival Emergencia | Barcelona |
24.03 | Stereo | Alacant (GPS) |
25.03 | 16 Toneladas | València (GPS) |
30.03 | La Casa de las Musas | Burgos (GPS) |
31.03 | Sala King Kong | Zaragoza (GPS) |
01.04 | Lata de Zinc | Uviéu |
07.04 | Liceo Mutante | Pontevedra |
08.04 | Nave 1839 | A Coruña |
13.04 | La Iguana | Vigo |
19.05 | Wurlitzer - Sound Isidro | Madrid |
20.05 | Facela Fest | Lugo |
{fcomments}