
O artista saca o seu segundo LP, que vén de presentar na súa vila, Bueu. A xira de presentación ten polo de agora datas confirmadas en febreiro do 2027 en Madrid e Barcelona. Meu onde estás? é un traballo que mostra a evolución do de Bueu e inclúe o exitoso adiainto 'Milajros de Amil'.

A banda muradá anuncia as seis primeiras datas da súa xira de salas, coa que visitarán Zaragoza, Bilbao, Xixón, Granada, Málaga e Sevilla. Os rapantes repetirán nos ciclos Inverfest e Negufest e debutarán en Granada e Sevilla, despois dun 2026 que os levou do Multiusos do Sar ao Sonorama.
Ler máis: The Rapants saca o Rapants Club de Galicia cunha xira por seis salas

O artista viveirense publicou o pasado 10 de xuño o seu novo EP, 6 a.m.ORES, un traballo composto por seis cancións no que experimenta con ritmos novidosos no seu repertorio, afastándose lixeiramente dun estilo até agora máis vencellado ao hip-hop, para demostrar a súa versatilidade artística e abrir unha nova etapa musical. No proxecto colaboran artistas coma Kid Mount, Yuly, LANASA ou Rodro.
Ler máis: Coñece 6 a.m.ORES, o novo EP de reggaetón de XMASEDA65

Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha lámina asinada pola banda de agasallo, vendéronse en poucas horas.
Ler máis: Rebeliom do Inframundo despide 'Amor ou Barbárie' na sala Capitol

O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e Marta Ferrer.

PAVA, a banda de pop liderada pola poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao, vén de publicar nas principais plataformas dixitais O himno da lesión, a súa nova creación. Trátase do segundo e novo avance do que será PAVA 3, o terceiro EP do grupo, e que verá a luz antes de que remate o ano.
Ler máis: ‘O himno da lesión’, a nova canción de PAVA, xa está dispoñible