Entrevistas

Seguimos recadando a opinión da xente da música galega sobre o 2012. Hoxe é a quenda dos Cempés, histórica formación folk que se volveu xuntar, despois de varios anos de parón.  Mañá, máis! Tócalle a Ibán, un dos organizadores do Castañazo Rock de Chantada. Non perdas esta semana as análises do 2012 en GZmúsica!

En GZmúsica tentamos facer un Anuario da música galega 2012 e finalmente todo quedou en tentativa fallida. Nese traballo íanse incluír unha serie de entrevistas con persoas vinculadas á música do país, que como xa están feitas, decidimos publicar na rede. Irémolas subindo á web decote ao longo dos vindeiros días. Comezamos con Vituco Neira, cantante de Ruxe-Ruxe e responsable do Planeta Furancho da Radio Galega. Así viu el o 2012.

O cantante dos Ruxe Ruxe e responsable do Planeta Furancho da Radio Galega, Vituco Neira, fala para culturagalega.org sobre o que supuxo o 2012 para a música do país. Como é costume, desde o portal do Consello da Cultura Galega fan un repaso por todos os eidos da cultura do país e desta volta escolleron o frontman dos Ruxe para analizar a situación da nosa música nestes tempos de crise.

O músico do Barbanza presenta hoxe ás 20:30h no Teatro Colón da Coruña o seu novo proxecto en solitario, 'O Soro da verdade', gravado durante unha viaxe á Amazonía. Aquí tedes unha entrevista promocional onde o de Poi explica polo miúdo o que para el supuxo a viaxe á selva.



Os computadores volveron botar fume. O Centro de Operacións de Muíños e a Central de GZmúsica, -agochado nalgún lugar secreto do Morrazo-, volveron traballar até a madrugada durante varios días. Pero o resultado xa está aquí. Despois de gozarmos cos arriscados vídeos perralleiros dos Reporteir@s Festivaleir@s traemos para todas e todos vós as fotazas de Xabicas, as entrevistas que lles fixemos aos Papaqueixos, Diplomáticos e Rastreros antes de subiren ao escenario do Castañazo. Impresións previas e un petisco de cada un dos concertos que estas 3 bandas deron, -xunto a Liviao de Marrao e Cuchufellos-, a pasada fin de semana en Chantada. E todo en HD, of course. Pasen, vexan e gocen!

Músicos ao Vivo, -Asociación que xunta os músicos e músicas de directo do país-, fala cun dos seus asociados, Marcos Teira, guitarrista de longa traxectoria e grande influencia flamenca. Aquí tedes a entrevista.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.