Semana intensa para Arrhythmia. A banda luguesa ultima o seu novo EP, "II", e preséntanos hoxe, en exclusiva, o seu novo videoclip. Ademais, a fin de semana estarán tocando na casa, na Candeloria, rodeados do mellor do panorama roqueiro galego e estatal. Falamos con eles de todo isto.
Dakidarría estivo a asinar discos en La Rocka de Vigo. Unha edición en vinilo do Dez anos na rúa coa que festexan eses dez once anos e medio xa na rúa. Alí faláronnos do seu tour galego, De cuncas e de mar, que despois de comezar ateigando o Marrucho en Baiona ten a seguinte parada mañá sábado 14 na Fábrica de Chocolate de Vigo. Capitol o 13 de marzo, Sala Berlín o 14, Super8 o 27 e Aturuxo o 28 dese mes para despois seguir en abril por Lugo e Ponferrada.
A banda de Ordes baixou até Cangas para gravar o que vai ser o seu segundo traballlo. Iván, Glen e Javi andaron a pasada fin de semana polo Estudio Máxico de Josinho, na parroquia de Coiro, dándolles xeito aos temas do novo disco. Pillábanos acarón da casa, así que fixemos o esforzo de madrugar un domingo e fomos ver a que andaban os Superoito. Isto foi o que nos contaron.
{fcomments}
Non se pode falar de metal en galego sen falar de Invivo. A banda compostelá protagonizará, xunto a 2Sisters e a A New Heaven Arise unha noite metaleira mañá sábado 24 de xaneiro na Capitol. Aproveitarán para tocar os temas do seu último disco, Cárcavas (2014), traballo que trouxo mudanzas para a banda. Recuperamos a entrevista que Montse Dopico lle fixo a Mario, un dos Invivos, hai xusto un mes no M_, Magazine Cultural Galego.
Os Superoito estiveron a tocar no pasado Curtisons e até Curtis foi o PixelinPhoto para lles facer esta entrevista e nos ofrecer tamén extractos do seu paso polo festival.
Nao é sen dúbida unha das bandas galegas máis importantes dos últimos 10 anos. Agora anuncia un novo traballo, Cartas no caderno, para o mes de marzo. Irémosvos pondo ao tanto das novidades deste seu cuarto disco. Entrementres, compartimos a entrevista que Monste Dopico lle fixo a Jasper, cantante do grupo, hai uns meses e que foi publicada en M_ a finais de xaneiro. Nela falan do anterior traballo, Cancións de Amor e Liberdade, publicado hai agora un ano. Fano polo miúdo, debullando un dos mellores discos galegos do 2013, que podes escoitar tamén no interior.