Dakidarría estivo a asinar discos en La Rocka de Vigo. Unha edición en vinilo do Dez anos na rúa coa que festexan eses dez once anos e medio xa na rúa. Alí faláronnos do seu tour galego, De cuncas e de mar, que despois de comezar ateigando o Marrucho en Baiona ten a seguinte parada mañá sábado 14 na Fábrica de Chocolate de Vigo. Capitol o 13 de marzo, Sala Berlín o 14, Super8 o 27 e Aturuxo o 28 dese mes para despois seguir en abril por Lugo e Ponferrada.




Abofé que todos os concertos van estar ao nivel que demostran sempre os Dakidarría no escenario, mais o que vai ser imprescindible vai ser o de Compostela compartindo escenario cos Nao. Probablemente dous dos mellores directos do 2014 no país xuntos na Capitol. Iso si, para esa cita aínda falta un mes así que para ir quentando nada mellor que pasar este sábado pola Fábrica, onde tocarán acompañados por Argallada e Ovos Podres.

 

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.