A pasada fin de semana os Machina apresentaron o seu novo traballo, Ensaio sobre o silencio, no Salón Parroquial de Meirama. GZmúsica non puido estar aló, pero cóntannos os que si foron que houbo máis de dúas horas de rock sen concesións. Arroupados polos amigos de Kastomä, O Leo e Supahcan Selectah, a banda de Cerceda ofreceu un directo bestial que os coloca entre as bandas de referencia do rock-metal do país. Aquí tedes unha pequena entrevista que lles fixemos hai pouquiños días, por mor deste novo lanzamento discográfico.
Ler máis: "Quen se achegue á música de Machina sen complexos poderá desfrutar dela"
O Café Cultural Auriense de Ourense é o lugar escollido polo Sonoro Maxín para apresentar a súa estrea discográfica. A Onda Sonora (chega do interior) é o debut dun feixe de músicxs que levan anos facendo bailar nos torreiros de todas as festas do país. A cita é a vindeira fin de semana, venres 13 e sábado 14 de abril. GZmúsica.com vai estar aló pero para nos enterar ben do que está a argallar O Sonoro Maxín, fixémoslle unha entrevista hoxe mesmo.
Ler máis: "Querémoslle levar a nosa música á xente non afeita a ir aos concertos"