Axenda

Deseqilibrio Mental
sábado 14 febreiro 2015
Vistas : 259

Acompañando a saída do noso novo traballo discográfico Séculos Escuros faremos un concerto presentación na Sala Sónar de Compostela o 14/02/15 (pasamos moito desa invención do Corte Inglés chamada "dia dos namorados"). Será un evento moi especial para nós xa que suporá o noso primeiro concerto despois de máis dun ano calados e no que presentaremos as novas cancións e algunha sorpresa máis. Para facer esta noite máis especial aínda, contaremos coa compañía de Barbitúricos Sound System que estarán abrindo o concerto.

Se non queredes perdervos o concerto tédelo ben fácil, entrada única de 5€ que podedes mercar en anticipado en A Reixa Tenda ou senón na billeteira do Sónar o propio dia do concerto. A apertura de portas será ás 21:30h.

Agardamos vervos a todos alí!

Lugar: Sónar Pub - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.