Axenda

Festival de Cans
From cuarta feira 20 maio 2015
To sábado 23 maio 2015
Vistas : 1000

Mércores 20. SERÁN D@S VECIÑ@S

As Pandereteiras de Cans / AcordeCans
Mércores 20 | 21h30 | Baixo de Bugarín

As Pandereteiras de Cans prenderán a chispa dunha noite festeira na que volverá actuar por segundo ano consecutivo o grupo de acordeóns AcordeCans.

Xoves 21. NOITE DE CLIPS

Desfile de chimpíns con Os Vacalouras Vermellas
Xoves 21 | 19h30 | Rúas do Porriño
Como dita a tradición, os chimpíns baixan dende o centro do Porriño acompañados polos Vacalouras Vermellas. Música tradicional e diversión polas rúas da vila.


Inauguración da Can Parade con Hendrik Röver
Xoves 21 | 22h00 | Exterior Pub A Chimenea
O histórico líder de Los Deltonos virá a Cans acompañado de Juanjo Zamorano, de Pilgrim Rose, para deleitar o público cun destilado de folk, rock e country da máis pura ascendencia anglosaxona. Un luxo!




Juan Rivas DJ

Xoves 21 | 00h30 | Pub A Chimenea

Partindo da onda do lounge ou dos ritmos electrónicos, Rivas conduciranos a unha viaxe polo último do territorio indie. Boa música pensada para a diversión e para avivar os sentidos.


Venres 22. NOITE DE ESTREA

CONCERTO NA PLACA! Luar na Lubre
Venres 22 | 20h30 | Placa de Bugarín | 3 euros

Despois da proxección do documental Torre de Breoghán, abrimos un novo espazo á programación do Festival, a Placa de Bugarín, coa sinfonía céltico galaica do famoso grupo folk galego, en versión reducida e adaptada ao entorno.


Desfile de chimpíns. Treboada Baixo Miño
Venres 22 | 21h30 | Camiños de Cans

Desde o máis fondo da tradición miñota, chegan as mellores gaitas, bombos, tambores e concertinas de toda Galicia. Un pasarrúas atronador dende o Bar de Moncho ata o torreiro de Cans.






Sidonie
Venres 22 | 00h30 | Torreiro de Cans

Sidonie achégase ata Cans co seu último traballo, Sierra y Canadá, baixo do brazo. Esta banda barcelonesa nacida nos noventa, fará vibrar o Torreiro cos seus ritmos de pop psicodélico e pop alternativo. Psicodelia intelixente en versión orixinal que ten pasado por influencias rock, pop, funky, hip-hop ou psicodelia electrónica.








Sesión Disco Chimpín. DJ Ángel Carmona (Radio 3)
Venres 22 | 02h00 | Torreiro de Cans

O xornalista sorprenderá ao público asistente ao Torreiro coa súa faceta como DJ. Carmona, actual presentador do programa Hoy empieza todo de Radio 3, é un enorme coñecedor do panorama musical, tendo traballado tamén nas revistas Rolling Stone ou Rockdelux.

Sábado 23. DÍA GRANDE

Banda de Música Xuvenil de Torroso

Sábado 23 | 13h00 | Torreiro de Cans


Sesión vermú a cargo da Banda de Música Xuvenil de Torroso. Abrirán con Agroglamour, a peza que Rogelio Groba adicou ao Festival de Cans, e despois deleitarán ao público con versións de música de cine.


Os Veraneantes. Pasarrúas
Sábado 23 | 15h30 | Rúas de Cans

Despois de nacer no Festival de Cans, esta banda despedirase do seu público nesta edición do festival.





Sés
Sábado 23 | 19h30 | Torreiro de Cans

No último traballo de Sés, os valos desaparecen e as rúas deixan de estar prohibidas. Rockeira e cantareira, comprometida e libre, sentimental e enérxica. Unha das nosas máis singulares e poderosas voces volverá a Cans coa enerxía do vento sobre o escenario e cancións cheas de verdade e forza.









Dos Tenores Def con Dos
Sábado 23 | 00h30 | Torreiro de Cans

Def con Dos presenta o seu novo formato en directo Dos Tenores, no que Peón Kurtz, J. Al Andalus e César Strawberry recuperan o espírito dos seus comezos, cando trasladaron á súa realidade os sons máis hiphopeiros dos anos oitenta. Dos Tenores Def con Dos traerá ata Cans o son máis primitivo da banda. Recuperan parte do mellor dos seus primeiros discos e engádenlle vangardistas mesturas feitas por compañeiros de batalla e seis novos temas, que farán vibrar o Torreiro na noite do Día Grande do Festival.




Sesión Discochimpín. Autómatas Beat
Sábado 23 | 02h00 | Torreiro de Cans

Unha das parellas de DJ's máis divertidas e orixinais de Galicia, que fará bailar freneticamente a todo o público coas súas mesturas inéditas.





JALIÑEIRO UNPLUGGED

Gaiteiros do Mar. Manuel Sotelo e Lito de Pinténs
Sábado 23 | 17h30 | Jaliñeiro Unplugged

O Festival de Cans reúne os protagonistas do documental Dos gaiteiros do mar, Manuel Sotelo e Lito de Pinténs, para encher un dos seus epazos máis emblemáticos cunha actuación emocionante e única. 



Davide Salvado
Sábado 23 | 19h00 | Jaliñeiro Unplugged

O enfant terrible do folk galego presentará en exclusiva en Cans temas do seu novo traballo, que sairá á venda en xuño. Un disco feito dende o corazón, en agradecemento a esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas.


Poetarras
Sábado 23 | 21h30 | Jaliñeiro Unplugged

O Jaliñeiro será testemuña das cancións pegadizas e irreverentes deste colectivo “arterrorístico” formado por Manuel Gago, Rubén Lino e Daniel Vilaverde.



CANS VOULEVAR

Blues do País
Sábado 23 | 16h30 | Cans Voulevar
Retranca galega co feelin'blue de Missisipi e Louisiana. Bieitta James e Pepe King veñen cargadiños de ritmo e dispostos a poñer en pé a todo Cans. 







Adrián Costa
Sábado 23 | 18h30 | Cans Voulevar

Blues, funky e soul son os trazos máis característicos deste músico compostelán, aínda que non dubida en mesturalos coas súas raíces latinas.






Quempallou
Sábado 23 | 22h00 | Cans Voulevar

Unha das bandas máis representativas do folk galego, música de raíz dende un punto de vista actual, sen complexos nin ataduras. Acordeón, cordas, frautas, gaitas e, sobre todo, voz.

Lugar: Cans (O Porriño)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.